Destacado Es noticia Gimnasia 

Un título e dúas pratas para Ximnasia Pavillón no galego de rítmica

UN OURO E DÚAS PRATAS PARA OS CATRO CONXUNTOS PAVILLÓNISTAS NO GALEGO DE CONXUNTOS DE NIVEL FEDERADO

Hoxe celebrouse na Cancha Central do Pavillón dos Remedios o Campionato Galego de conxuntos de nivel absoluto, clasificatorio para o nacional a celebrar en Valladolid entre os días 30 de novembro e 3 de decembro.

A ximnasia ourensá estaba representada por catro conxuntos nun campionato de cada vez máis alto nivel.

Na categoría senior o Club Ximnasia Pavillón (Ana, María, Antía, Lorena, Uxía, Candela e Paula) fíxose co 2º posto, detrás do Club María Barbeito.

O conxunto junior (María, Rebeca, Sabela, Sara, Paula e Lucía) foi subcampión galego detrás do club Escola Acordes e seguido polo club María Barbeito.

Na categoría infantil o conxunto que fora bronce na Copa de Conxuntos en Logroño (Sara, Claudia, Candela Díaz, Candela Pérez, Uxía e Julia) obtivo o 4º posto.

O conxunto benxamín do Escola Pavillón proclamouse campión galego con un sorprendente e dinámico exercicio mellor executado no segundo pase. Foron prata e bronce nesta categoría os dous conxuntos de Acordes Narón e Acordes Pontedeume respectivamente.

Con esta competición danse por finalizadas as citas autonómicas que se saldan para as ourensáns con excelentes resultados pero sobre todo con gran satisfacción  en canto ó nivel técnico das ximnastas e dos exercicios, aínda que as adestraadoras ven aínda moito marxe de mellora cara as citas nacionais que teñen por diante:

  • EUSKALGYM (18-19 de novembro, Vitoria), competición á que asistirán estes catro conxuntos máis os dous de nivel base (alevín e infantil) e o conxunto cadete (campión no autonómico de promoción)
  • NACIONAL BASE DE CONXUNTOS (23-25 de novembro, Alicante), coa participación do conxunto alevín do Club Ximnasia Pavillón e infantil do Escola Ximnasia Pavillón.
  • COPA INDIVIDUAL BASE (22 de novembro, Alicante), na que competirán as ximnastas Marta Mangana e Lidia Babarro.
  • COPA DE CONXUNTOS NIVEL ABSOLUTO (26 de novembro, Alicante), para que obtivo praza o conxunto junior do Club Ximnasia Pavillón.
  • CAMPIONATO NACIONAL DE CONXUNTOS (30 de novembro a 3 de decembro, Valladolid) no que Ourense estará representado polos catro conxuntos que hoxe participaron no galego.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: