Es noticia Gimnasia 

Sobresalientes Burgas y Pavillón en el Gallego de Trampolín

O Club Burgas suma cerca de 50 medallas sendo o mais laureado de Campionato Galego de Ximnasia de Trampolín

Campionato Galego Escolar de Ximnasia de Trampolín

O venres dia 23 de xuño tivo lugar en A Estrada (Pontevedra) o Campionato Galego Escolar de Ximnasia de Trampolín.  O nivel escolar é o nivel inicial nesta modalidade ximnástica. Entre todas as categorías que se presentaban reuníronse un total de 151 ximnastas e 8 clubs galegos que practican a ximnasia de trampolín a este nivel. O número de participantes tanto en clubs como en ximnastas supón un incremento cara anos anteriores o que nos demostra a boa saúde deste deporte que pouco a pouco vai acollendo mais practicantes.

A representación ourensana corría a cargo do Ximnasia Burgas y o Club Ximnasia Pavillón obtendo ambos salientables actuacións.

Club Ximnasia Burgas

O Burgas consique case 50 medallas, sendo o club mais laureado de galicia con diferenza neste nivel.

BASE: En categoría Base o Burgas lograba o título de Campión Galego de Clubs en Tumbling, Subcampión en Dobre minitramp e, o máis destacado, consegue dobre podium en Trampolin co subcampeonato para o Burgas A e terceiro posto para Burgas B.
En Base individualmente os do Burgas lograban 5 primeiros postos, 2 segundos e 3 terceiros, destacando especialmente David Medeiros, Clara Rodríguez, Iris Branco, Iria Donascimento, Sofía Fdez e Mariña Martínez.

ÉLITE: También en élite los gimnastas de él Burgas obtenían grandes resultados a nivel individual. Sumaban 3 medallas de oro, 3 de plata y 3 bronces destacando Paula Touza, Diego López, Pablo Feijoo, Nico Filgueira y Iago Saburido.

Club Ximnasia Pavillón

Daniel Imray Carrasco campeón escolar categoría alevín masculina nos catro apartos desta modalidade.

O Club Ximnasia Pavillón acudía á cita con 16 participantes repartidos en diferentes categorías e regresaron a Ourense con 13 ouros, 8 pratas e 9 bronces.

É de destacar a participación do único representante que o club presentaba na categoría alevín masculina: Daniel Imray Carrasco que conseguiu medalla de ouro nos catro aparatos nos que se presentaba: Tumbling, Minitramp, Dobre Minitram e Trampolín, nunha categoría con 11 participantes.

Na categoría de mais participación (31 participantes) , a categoría alevín feminina, as dúas únicas representantes do Club Ximnasia Pavillón: Alejandra Baliñas López e Uxía Valentín Heredia lograron clasificarse entre as mellores; Alejandra con medalla de prata en DMT e TR e 5º posto en Tumbling e Minitramp, e Uxía situándose no 4º ou 5º posto nos distintos aparatos.

En  categoría Benxamín Feminina onde o club presentaba 2 participantes, unha delas: Ainhara Camoeiras Vázquez fíxose co 1º posto en DMT e co 3º en Tumbling e Trampolín.

En categoría Benxamín Masculina o club presentaba outros 2 participantes conseguindo Daniel Alonso González o 1º posto en Trampolín e Pablo García Vázquez, o 1º en Minitramp e o 3º en Tr.

En categoría Infantil Feminina con 21 participantes o Club presentaba 3 ximnastas obtendo Claudia Castro San Francisco o 1º posto en Dobre Minitramp e o 3º en Trampolín, e Irene Vázquez Vázquez o 1º en trampolín e o 2º en Dombre Minitramp, a terceira participante acadou a 4º e a 6º posición en Minitramp, Trampolín e Dobre Minitramp.

En categoría Infantil Masculina o club presentaba tres ximnastas que subiron ao podio os tres, destacando os tres primeiros postos de Artur Permuy Fernández en Mt., DMT. e TR.  Saúl Álvarez Álvarez obtivo 1º posto en TUM., 2º en TR e 3º en MT e DMT, Guillermo Alonso González obtivo sendas pratas en TUM e MN e 3º en DMT.

A categoría xuvenil feminina reuniu tamén un gran número de participantes (un total de 20). O club estivo representado por dúas ximnastas das cales Clara Iglesias Pérez acadou medalla de ouro en MT e bronce en DMT. En categoría Xuvenil masculina, menos numerosa, o club acudía tamén con dous ximnastas: Juan José Cambre Fernández subíose ao podio en tódolos aparatos con un 1º posto en MT e 2º posto nos demais; pola súa banda Rubén Castillo López acaparou o bronce nos catro aparatos.

Con este campionato remata a tempada competitiva dos ximnastas de nivel escolar, os cales reanudarán a súa actividade no mes de setembro.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: