conxunto alevín pavillon absolutoDestacado Es noticia Gimnasia 

Sexta plaza para Ximnasia Pavillón en el Euskalgym con las alevines absolutas

As Alevíns Absolutas do Club Ximnasia Pavillón Ourense sextas no Torneo Euskalgym

A fin de semana do 15 ó 17 de novembro oito conxuntos pavillonistas dábanse cita no B.E.C. de Bilbao, no prestixioso Torneo de ámbito nacional Euskalgym. Os cinco conxuntos base daban por finalizada unha excelente tempada tras o nacional da fin de semana pasada e os absolutos aproveitaron para matizar os seus exercicios cara á cita máis importante para elas, o nacional que terá lugar en Zaragoza o último fin de semana de novembro.

NIVEL BASE

Na xornada do venres competían as infantís e alevíns base. As infantís realizaron un excelente exercicio que mellorou moito o realizado no nacional, colocáronse 25ª nunha categoría de case media centena de conxuntos. As alevíns base estiveron tamén moi acertadas executando con moita decisión, foron 13ª entre máis de 40 participantes.

Na xornada do sábado competían as cadetes e xuvenís base. Ambos conxuntos estiveron espléndidos. As xuvenís remataron no posto 28 e as cadetes, con un exercicio cada vez máis seguro, ocuparon o posto 18 en categorías con mais de 45 participantes.

Na xornada do domingo só quedaba por competir no nivel base o conxunto  benxamín que participaba con un conxunto mixto, que a FEG non permite na súa normativa e o noso club loita por reivindicar, pero si se permite neste Torneo. Non estiveron tan acertados coma no nacional, tendo a mala fortuna de que sairan fóra  do tapiz dous aparatos, ocuparon o posto 12 da clasificación.

conxuntos alevín e senior absoluto, benxamín base pavillon BATISTANA

NIVEL ABSOLUTO

Ás once da mañá as alevíns abrían a competición  na súa categoría, cousa que non adoita traer demasiada fortuna. Tiveron máis erros que na Copa despois dunha dura semana limando riscos e colaboracións. Aínda así foron 6º na clasificación, con notas moi preto de conxuntos valencianos de altura.

conxunto alevín pavillon absoluto

Pola tarde era o turno de senior e junior. As senior colocáronse no posto 17º a  pesares dalgúns erros no tramo final do exercicio. As junior, ocuparon o posto 31, tras unha tempada difícil.

RÍTMICA MASCULINA

Tamén competía na xornada do domingo, en horario de mañá, Damian Diosdado, que está comezando en competición nacional individual e cumpriu con un 10ª posto. Hai que destacar que Galicia é punteira en rítmica masculina, sendo a comunidade que máis ximnastas ten e que coloca en postos altos na clasificación. O Ximnasia Pavillón está iniciando a súa andadura nesta modalidade e  traballando agora mesmo con catro ximnastas individuais, tres dos cales, aparte de Damián,  debutarán no 2020, previsiblemente,  na competición nacional.

DAMIAN DIOSDADO pavillon

Para a rítmica de conxuntos xa só resta a cita Nacional de nivel absoluto para a que os conxuntos ourensáns teñen boas expectativas, dados os últimos resultados, aínda que queda unha semana e media de duro traballo.

Noticias relacionadas