Ximansia PavillonDestacado Es noticia Gimnasia 

Satisfacción no Ximnasia Pavillón tralo regreso do Mundial por Idades de Trampolín

O Club Ximnasia Pavillón regresou con bo sabor de boca da competición Mundial por Idades de Trampolín.

Desde o club valoran a experiencia como enriquecedora, tanto a nivel técnico, pola oportunidade que se da aos deportistas de medirse contra os mellores do mundo, como a nivel persoal para os nenos e nenas ourensáns polas vivencias que comparten durante estes dias con compañeiros e compañeiras doutras nacionalidades e culturas.

Asi mesmo agradecen a axuda que lles prestou a Federación Galega de ximnasia aos clasificados e as aportacións desinteresadas de todos os que axudaron na campaña crowdfunding para financiar o desplazamento á compitición.

Ximnasia Pavillon

A xeneralidade da competición está liderada por potencias como Rusia, Bielorrusia, Japón, Estados Unidos, Gran Bretaña e Alemania, pero a presenza española faise cada vez mais visible a nivel internacional.

Dos postos de finalistas

As expectativas dos técnicos pavillonistas con respecto aos seus ximnastas víronse superadas ao acadar a clasificación para dúas finais: a de María Fujú García Varela en Dobreminitramp e a da parella composta por María Fujú García Varela e Marta Rodríguez Cancio en sincronismo.

Noticias relacionadas