Ximnasia Pavillon EQUIPO BEACHDestacado Es noticia Gimnasia 

Salientable actuación de Ximnasia Pavillón no torneo Cascais Beach Cup de Trampolín

O relevo xeracional ven pisando forte no Club Ximnasia Pavillón consolidando unha traxectoria salientable en Trampolín.

International Beach Cup. Cascais (Portugal)

O equipo de categoría 11-12 o mellor equipo da competición en Trampolín e Dobreminitramp

 Dende o sábado dia 10 de febreiro celebrouse en Portugal a International Cascais Beach Cup de Ximnasia de Trampolín coa participación de catro delegacións internacionais correspondentes a España, Portugal, Reino Unido e Polonia.

O Club Ximnasia Pavillón desprazouse con 14 ximnastas de idades comprendidas entre os 9 e 18 anos e foi, polo de agora, unha das probas internacionais con mellor nivel de competición por parte dos pavillonistas.

A competición desenvolveuse por categorías mixtas, e dicir en cada categoría de idade competían homes e mulleres xuntos, feito que non é moi habitual neste tipo de competición onde no caso concreto de trampolín as mulleres non chegan a acadar a mesma altitude de vo que os mozos. Sen embargo os e as ximnastas fixeron unhas excelentes preliminares en trampolín conseguindo clasificarse para finais 10 dos 14 ximnastas. En Dobre minitramp clasificaronse para finais sete ximnastas.

Ximnasia Pavillon Claudia Blanco Cidón

Os resultados mais destacados foron os seguintes:

  • Claudia Blanco Cidón (9 anos) ouro en DMT, prata en Trampolín e bronce en Sincronismo co seu compañeiro Mateo Rodríguez.
  • Marta Rodríuguez Cancio (categoría 11-12 anos): bronce en Dobreminitram e prata en Sincronismo coa súa compañeira María Fujú García
  • Nicolás Cid Rancaño: bronce en Dobreminitramp e prata en Sincronismo co seu compañeiro Guillermo García
  • María Salas Cid e Noa Puente Dod Álvarez, bronce en Sincronismo
  • Equipo 11-12 composto por: Pedro Castaño Garrido, Saúl Rodríguez Rodríguez, Hugo Rodríguez, María Fujú García Varela e Marta Rodríguez Cancio ouro en Trampolín e Dobreminitramp.
  • Equipo júnior composto por : María Salas Cid, Noa Puente-Dod Álvarez, Nicolás Cid Rancaño e Guillermo García Varela prata en trampolín e ouro en

Ximnasia Pavillon EQUIPO BEACH

Crónica: Club Ximnasia Pavillón

Noticias relacionadas