Es noticia Gimnasia 

Rítmica, trampolín e acrobática en Celanova e Galego de equipos de rítmica en A Coruña.

Rítmica, trampolín e acrobatica en Celanova e campionato galego de de equipos de ximnasia rítmica en A Coruña.

Fin de semana de repleto de ximnasia para Club Ximnasia Pavillón

III FASE COPA DEPUTACIÓN

O sábado  dia 20   de de 9:30 a 14:00h no Polideportivo de Celanova.

Ista é a terceira fase puntuable na modalidade de ximnasia rítmica e de exhibición en trampolín. En rítmica o Club Ximnasia Pavillón desprázase cos seus catro equipos de competición escolar (dado que nesta ocasión os outros catro de nivel promoción no participan), ademáis de unha ximnasta individual. O club ximnasia escola pavillón acode con trece equipos que puntúan para a Copa deputación e tres grupos de exhibición. En Trampolín o CXP move 25 ximnastas de nivel escolar e o Club Ximnasia Escola 24 ximnastas que comezaron esta tempada na modalidade de trampolín.

CAMPIONATO GALEGO DE EQUIPOS DE XIMNASIA RÍTMICA.

De 16:00 a 19:30h no Palacio dos Deportes de Riazor (A Coruña)

Para este campionado desprázanse a Coruña cinco equipos de nivel nacional absoluto.

 Os tres equipos do Escola Pavillón de categoría benxamín non terán difícil a súa clasificación, dado que son o único club que este ano ten equipos neste nivel, o club espera ver unha boa evolución destas ximnastas cara á súa participación no nacional.

Na categoría junior, con clubs de moito nivel, o Club Ximnasia Pavillón leva un equipo que loitará con outros seis para lograr a súa participación a nivel nacional. Este club leva tamén un equipo senior moi mermado, un dos tres aparatos que suman nota, as mazas de Antía Vázquez, non acudirá á cita por mor dunha lesión que a ten parada dende hai tres semanas.

Noticias relacionadas