Ribadavia e Ourense referente da ximnasia rítmica na Semana Santa
IV Vila de Ribadavia do 2 ó 3 de abril e Clinic de Ximnasia Rítmica o 4 de abril no Paco Paz de Ourense
A PROVINCIA DE OURENSE SERÁ O REFERENTE DA XIMNASIA RÍTMICA NA VINDEIRA SEMANA SANTA
Coa celebración do “IV Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica Vila de Ribadavia”, organizado polo clube Marusia, a provincia de Ourense volverá a converterse no punto de mira da ximnasia rítmica.
A importancia que está adquirindo este torneo “amigable” que supón o arranque da temporada individual (federada e de base) e a temporada escolar, ponse de manifesto no incremento progresivo de participantes nas súas anteriores edicións:
No ano 2012 na primeira edición do torneo participaron un total de 165 ximnastas de clubes de Galicia, Asturias, Castilla e León, Madrid, Valencia, Murcia e de diferentes puntos de Portugal. Na segunda edición, 250 ximnastas de Galicia, Asturias, Castilla e León, Portugal, Chile e Eslovenia, fixeron as delicias dos espectadores. Na derradeira edición ata o de agora, mais de 500 deportistas se deron cita en Ribadavia, procedentes de diferentes puntos de España, Portugal e Chile.
Esta cuarta edición do torneo pretende reunir na capital do Ribeiro a algunhas das mellores ximnastas desta disciplina deportiva, pertencentes a clubes nacionais, de Portugal e Chile, non descartándose a presenza de clubes invitados de outras nacionalidades.
O IV Vila de Ribadavia celebrarase os días 2 e 3 de abril (Xoves e Venres Santo). O Xoves, no pavillón municipal de Ribadavia e en xornada de mañán e tarde, será o día das ximnastas escolares, que competirán na modalidade de Conxuntos Escolares, Conxuntos de Promoción e Individuales de Promoción. Xa o Venres, no pavillón Maquias e tamén en dobre sesión, sairán o tapiz as ximnastas individuais de nivel Base e Federado.
GR MASTER-4.
Pero a cousa non queda aquí, porque o sábado 4 de abril no pavillón Paco Paz de Ourense levarase a cabo un Clinic de Ximnasia Rítmica impartido por catro ex ximnastas ucranianas Alina MAKSYMENKO, Yevgeniya GOMON, Veri PEREDENI e Olha LOBAS, que ensinarán diferentes técnicas de emprego dos aparatos de ximnasia rítmica as ximnastas participantes neste curso.
Con unha Gala de Clausura que se celebrará a partires das 20:00h, na que participarán, entre outras, as ximnastas ucranianas e ximnastas federadas clasificadas en primeira posición no torneo Vila de Ribadavia, poñerase punto e final a estas tres interesantes xornadas deportivas.