Destacado Es noticia Gimnasia 

Punto e seguido para as escolas de Ximnasia Pavillón

Gala remate curso das escolas de ximnasia

Na tarde do mércores 6 de xuño tivo lugar, na Cancha Central do Pavillón dos Remedios, a festa de remate das escolas deportivas de ximnasia.

Este acto faise para recoñecer o esforzo e dedicación dos nenos e nenas de nivel escolar que adestrando entre 1 e 5 horas semanais disfrutan da actividade de ximnasia nos Clubs pavillón ou nas escolas que o Club Ximnasia Pavillón xestiona en distintos CEIP: Manuel Luis Acuña, Antonio Faílde, Casar do Mato, Prácticas e Seixalbo.

Este ano convidouse a participar tamén na modalidade de trampolín á escola municipal de Barbadás.Os nenos e nenas disfrutaron amosando o que levan aprendido durante a tempada deportiva e foron agasallados ao remate cunha medalla polo esforzo, dedicación e compromiso.

Deste xeito ponse punto e seguido a actividade das escolas ate o vindeiro outubro.

 

Noticias relacionadas