Ritmica Pavillon ConjuntosDestacado Es noticia Gimnasia 

Podios autonómicos para os conxuntos do Pavillón e clasificación para a Copa de España

OURO, PRATA E BRONCE NO GALEGO DE CONXUNTOS BASE E CLASIFICACIÓN ENTRE OS MELLORES CONXUNTOS GALEGOS PARA A COPA DE ESPAÑA.

Sete conxuntos (46 ximnastas) do Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón competirán  en Pamplona entre os días 7 a 10 de novembro no Nacional de Conxuntos Base e Copa de España de Conxuntos nivel absoluto.

O domingo 6 de outubro, na Cancha Central dos Remedios tivo lugar, en xornada de mañán o Campionato Galego de conxuntos de nivel base e en xornada de tarde o control para Copa de España de conxuntos de nivel absoluto e Copa Individual Base. Os clubs pavillonistas non presentaron ningunha ximnasta individual dado que todas forman parte dos sus oito conxuntos nacionais que se mediron nesta xornada co resto de clubs galegos.

Ritmica Pavillon Podios Conjuntos
Foto: Marcos de Martín Gutiérrez

As primeiras en competir foron as benxamíns (Daniela, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Laura) que se estreaban no nivel nacional e realizaron dous excelentes exercicios. Na primeira rotación colocáronse segundas e foron primeiras na segunda. Tras a suma das dúas rotacións proclamáronse  Subcampionas Galegas a unha décima do ouro (Club Viravolta de Santiago de Compostela).

As alevíns do Escola Pavillón (Martina, Maya, Xisela, Sheila, Gretel, Leire e Daniela) foron Campionas Galegas.  Levan unha excelente progresión durante esta tempada. Foron cuartas na primeira rotación con un erro importante e primeiras na segunda. Finalmente a suma deulles o ouro.

O conxunto infantil (Sabela, Daniela, Ainara, Mafalda, Iria Vera e Carmen) con un complicado exercicio de cintas e pelotas, foron quintas nos dous pases e quintas na clasificación xeral. Teñen tido tamén unha excelente evolución dende o inicio desta tempada, incorporando a dúas ximnastas que competiron e nivel escolar no pasado mes de maio.

O conxunto cadete (Noa, Carla, Sara, Candela, Paula e Laura) realizaron dous pases con algúns erros. O seu exercicio de mazas  está cada vez máis seguro pero aínda con dificultades por limar cara ó nacional. Foron cuartas nos dous pases e tamén na clasificación xeral.

O conxunto xuvenil (Xiana, Uxia, Carla, Marta, Ángeles, Denisse e Clara), conxunto ascendido esta tempada a nivel nacional despois de varios anos sendo podio en promoción e con dúas ximnastas incorporadas tamén da competición escolar, acadaron o bronce na categoría, conseguindo un clarísimo segundo posto na segunda rotación, tras un primeiro exercicio con erros no que foron terceiras.

Ritmica Pavillon Conjuntos

CONTROL COPA DE ESPAÑA DE CONXUNTOS: OS CONXUNTOS ALEVÍN E SENIOR DO CLUB XIMNASIA PAVILLÓN ACADARON A CLASIFICACIÓN PARA ESTA CITA NACIONAL.

Eran tres os conxuntos do Ximnasia Pavillón Ourense os que se presentaban a este control no máis alto nivel de competición galega, que constaba dunha soa rotación tras a que debían situarse entre os dous primeiros clasificados.

As junior foron terceiras conseguindo realizar un bó exercicio despois da lesión dunha ximnasta nos últimos días.

Os conxuntos alevín e senior foron segundos, acadando así a súa praza. Realizaron os seus exercicios casi perfectos. O conxunto alevín leva representando a Galicia nas tres fases de Copa de España dende a tempada pasada e será por tanto a súa sexta participación nesta cita nacional. Por súa parte o conxunto senior participará na súa décima Copa de España dende a categoría infantil converténdose no conxunto galego que máis veces representou a Galicia nestas citas coperas na que están os mellores conxuntos nacionais.

Serán unha vez máis os clubs Acordes, Pavillón Ourense e Maniotas os conxuntos galegos que estarán e Pamplona na Copa de España Absoluta.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.