Pleno para Ximnasia Pavillón na competición individual da Copa Deputación
AS PAVILLONISTAS REMATAN CON TRECE METAIS A III FASE DE COPA DEPUTACIÓN, ALCANZANDO PLENO DE OUROS NA COMPETICIÓN INDIVIDUAL, E ONCE CONXUNTOS CLASIFICADOS PARA O AUTONÓMICO DE NIVEL ESCOLAR
Ademáis os conxuntos de promoción mostraron un excelente nivel, sendo o Club Ximnasia Pavillón o primeiro clasificado nas categorías prebenxamín e infantil, únicas nas que houbo máis dun equipo en competición.
O domingo día 20 de maio o Pavillón de Barbadás foi o escenario da III Fase da Copa Deputación, Fase Final do provincial de nivel escolar, clasificatorio para o galego e Fase Final do Campionato de Promoción.
No campionato de nivel promoción, Ourense só ten como conxuntos participantes os conxuntos pavillonistas e o conxunto infantil do Club Bayo-Sil. Os conxuntos locais mostran cada día un mellor nivel de exercicios cara a cita autonómica que terá lugar o dia 9 de xuño.
A terceira fase de Copa Deputación, que suma unha nota máis para a clasificación final, vai dando sorpresas e vai repartindo metáis entre diferentes clubs e escolas da provincia. Nesta terceira fase o Club Ximnasia Pavillón fíxo pleno na competición individual, sendo ouro as catro individuais que participaron nas categorías de iniciación, benxamín, infantil e cadete. Na modalidade de conxuntos o Club Ximnasia Pavillón, que participou con catro conxuntos alcanzou o ouro con tres deles (alevín, cadete e senior), sendo cuarto o conxunto alevín. O Escola Ximnasia Pavillón, por súa parte, acadou catro pratas e un bronce.
Finalmente, tras dúas fases do provincial de nivel escolar, clasificatorio para o autonómico, os conxuntos pavillonistas clasificados foron os once seguintes:
- CATEGORÍA PREBENXAMÍN: Escola Ximnasia Pavillón A (2º)
- CATEGORÍA BENXAMÍN: Escola Ximnasia Pavillón B (2º)
- CATEGORÍA ALEVÍN: Club Ximnasia Pavillón (1º) Escola Ximnasia Pavillón B (4º), Escola Ximnasia Pavillón A (5º)
- CATEGORÍA INFANTIL: Escola Ximnasia Pavillón A (1º), Club Ximnasia Pavillón (5º)
- CATEGORÍA CADETE: Club Ximnasia Pavillón (1º), Escola Ximnasia Pavillón (3º)
- CATEGORÍA SENIOR: Club Ximnasia Pavillón (1º), Escola Ximnasia Pavillón (2º)