Destacado Es noticia Gimnasia 

Participación de la Selección Española en el Torneo Internacional “Ourense a provincia termal”

 VIII edición do Torneo Internacional “Ourense a provincia termal” – 19.abril.2019

As ximnastas da Selección Española participarán na VIII edición do Torneo Internacional “Ourense a provincia termal” que do 18 ao 18 de abril citará a máis de 1.000 deportistas de España e doutros países, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; o presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez; a presidenta do Club Marusia, Pilar Vázquez; e en representación dos pais do Club e deseñador do cartel, Roberto Montero.

A Deputación de Ourense co-organiza este evento deportivo que “demostra o gran labor do Club Marusia que se reflexa na crecente participación que experimentou esta competición que naceu no ano 2011 con 165 ximnastas chegando na actualidade a máis de 1.000 ximnastas que se darán cita ao longo de dous intensos días de competición”, explicou Rosendo Fernández. Neste mesmo sentido, Mario Guede lembrou que se trata dun deporte “que ten gran acollida na nosa provincia”, polo que este evento “de alto nivel e categoría, suscitará o interese de moita xente”.

O torneo comezará coa competición de nivel autonómico o xoves, 18 de abril, ás 8.45 horas, “dado o volume tan grande de inscritos, inscricións que se pecharon en poucos minutos”, dixo a presidenta do Club Marusia. Pola tarde, será a quenda para as competicións de nivel autonómico e nacional, a partir das 15.45 horas. En total nesta primeira xornada participarán 800 ximnastas de clubs de España e de Portugal.

Ao día seguinte, o venres 19 de abril, “será o prato forte do torneo con aproximadamente 300 ximnastas de clubs de España, Portugal, Rusia, México e Arxentina”, explicou Pilar Vázquez. A sesión da mañá dará comezo ás 8.45 horas para as competicións de nivel nacional e internacional de equipos e absoluto e, pola tarde, ap partir das 15.45 horas, serán as competicións de nivel nacional e internacional absoluto e senior FIG, competirán ximnastas da Selección Española, do centro de alto rendemento de Moscú, así como deportistas de México e Arxentina. Como remate da xornada, ás 21.00 horas, celebrara a gala coas ximnastas da selección españolas, de Rusia, do club e da Master Class que foran escollidas por sorteo.

Master Class

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha Master Class a cargo de Yana Lukonina, adestradora da selección de Rusia no Centro de Preparación Olímpica de Moscú, a ela asistirán preto de 70 participantes. O evento será retransmitido en directo a través da canle de Youtube do Club Marusia

Pola súa parte, José Manuel Estévez dixo que este torneo, que forma parte do calendario da Federación, é “un dos eventos máis importantes que nos podemos topar fóra das competicións oficiais”. Ademais, o presidente da Federación Galega de Ximnasia destacou que se trata dun deporte “que move masas, tanto a participantes como espectadores, sendo tamén un evento gratuíto”.

En canto ao cartel do evento, Roberto Montero explicou que topou “a inspiración na miña casa porque a miña nena é ximnasta, e co meu debuxo pretendo transmitir a dureza e o sacrificio deste deporte, así como promocionar o noso potencial termal”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.