Es noticia Gimnasia 

Os Remedios acolleu a clausura das escolas dos clubes Ximnasia e Ximnasia Pavillón


XORNADA DE CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS CLUB XIMNASIA PAVILLÓN E ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

O venres de 16:30 a 19:30, na cancha central do Pavillón dos Remedios, o Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón despedían o curso para as súas ximnastas de nivel escolar e a actividade das escolas de ximnasia en diferentes centros educativos.

Participaban deste xeito os catro conxuntos de nivel escolar do Club Ximnasia Pavillón e trece do Escola Pavillón, así como os ximnastas de trampolín de competición escolar de ambos clubes.

Á súa vez, os grupos de ximnasia rítmica dos CEIP A Ponte, Seixalbo e Manuel Luis Acuña, mostraban moi ilusionados os exercicios que prepararon durante parte do ano. Tamén participaban os alumnos do CPI Antonio Faílde onde o Club Ximnasia EScola Pavillón ten unha escola deportiva.

Todos eles recibían un diploma acreditativo da súa participación ó longo do curso, esperando xa con moita ilusión o inicio do seguinte.

Estes ximnastas estiveron acompañados dos equipos de nivel autonómico e nacional de ambos clubes.

Para os ximnastas nivel autonómico queda o campionato galego de promoción de ximnasia rítmica a celebrar en Carballiño o vindeiro sábado día 10 de xuño e o galego escolar de trampolín máis adiantado o mes de xuño.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: