Ximnasia PavillónDestacado Es noticia Gimnasia 

Oito ximnastas para historia do trampolín no Ximnasia Pavillón

Este ano o equipo de trampolín do club Ximnasia Pavillón de Ourense pechou un ciclo deportivo protagonizado por oito salientables deportitas.

Club Ximnasia Pavillón

O Club Ximnasia Pavillón colleu un impulso definitivo na modalidade de trampolín con 8 ximnastas que marcaron o punto de despegue desta modalidade no club. Un grupo de deportitas que se converteu no espello no que se miraron as xeracións seguintes e que son, aínda hoxe, un referente no Ximnasia Pavillón.

Ximnasia Pavillón

Oito ximnastas que marcaron o camiño das vindeiras xeracións

Diego Feijoo Gozález, o ximnasta máis novo da primeira xeración de saltadores adestrados por Ada Pazos e Iago Covela da remate á súa carreira deportiva para dar comezo aos seus estudos universitarios de Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela.

 

A máis veterana foi Laura Blanco González, nacida no 1993, que xa rematou os seus estudos de enfermería cursados en Chaves, Portugal, e na actualidade xa traballa para o sergas ao tempo que prepara os exames de oposición.

 

Marta Rodríguez Dopazo (1995) abandonou a actividade competitiva para cursar mediciña, na actualidade  está a facer o terceiro curso en Santiago de Compostela. Non abandonou os seus vínculos coa ximnasia xa que está titulada coma xuiza nacional de ximnasia en trampolín polo que sempre que as súas obligacións estudiantís llelo permiten, forma parte dos xurados en diferentes eventos deportivos.

 

Carlos Trigo (1996) deixou Ourense xa no ano 2013 para desprazarse ate Estados Unidos onde finalizou os seus estudos de bacharelato para comezar posteriormente estudos de inxeñería informática. Este ano cursará o 4 ano da súa formación universitaria. Carlos compaxinou os seus estudos superiores coa competición en diferentes modalidades deportivas coma Rugby, Ximnasia artística ou trampolín á piscina así coma diversas actividades laboráis. Na actualidade ten un posto de traballo coma informático na empresa.

Néstor González Pérez (1996) cursou formación coma Técnico en animación de actividades físicas e deportivas ao rematar o instituto. Na actualidade traballa como adestrador de ximnasia en trampolín ao tempo que estudia grao en maxisterio.

 

Iago Sousa Rodríguez, Laura Lecuona Labarta i Eduardo Novelle Man, os tres nacidos no 1998 iniciaron  o segundo curso dos graos de Inxeñería Industrial, Ciencias da actividade física e o deporte e inxeñería aeronáutica respectivamente. Eduardo Novelle tamén emprega as súas horas non lectivas para traballar coma adestrador no club no que se formou e continuar cos seus adestramentos.

Entre todos colleitaron decenas de metáis en eventos nacionáis e internacionáis. Eles abriron o paso das novas xeración nas competicións mundiais por idades e absolutas  e nos campionatos europeos, dándolle un impulso definitivo á modalidade de trampolín no Ximansia Pavillón.

Noticias relacionadas