Ximnasia PavillonDestacado Es noticia Gimnasia 

Obxectivos cumpridos para o Ximnasia Pavillón en Pamplona

Campionato Nacional Conxuntos base

Entre os días 7 e 9 de novembro tiña lugar o Campionato de conxuntos de nivel base no que Ourense estaba representado por cinco conxuntos, catro do Club Ximnasia Pavillón Ourense e un do Escola Pavillón.

CONJUNTO BENJAMÍN pavillon

Os mellores resultados foron das máis pequenas e das máis maiores, firmando así un excelente estreo de ambos conxuntos en competición nacional. As benxamíns con un exercicio de pelota moi correcto lograron situarse no posto 11 das 30 participantes no primeiro día da competición. As xuvenís executaron con moita precisión un dificultoso exercicio de cinta e colocáronse no posto 32 das 101 participantes da súa categoría que tiveron o seu turno o sábado na xornada de tarde.

XUVENIL BASE pavillon

Tamén o sábado no final da xornada de mañá foi turno das cadetes do Club Ximnasia Pavillón que realizaron un dos exercicios da temporada, sen unha soa caída de aparato, pero algúns desaxustes e faltas de altura nos lanzamentos leváronas ó posto 59 das 107 participantes.

As infantís do Club Ximnasia Pavillón e alevíns de Escola Pavillón competiron na xornada matinal do venres. Ningún dos dous conxuntos tivo o seu mellor día. Ás alevíns faltoulle soltura no exercicio e acadaron o posto 50 entre os 90 conxuntos da súa categoría e as infantís sufriron algunhas caídas de aparato e ocuparon o posto 82 das 103 participantes.
Estes cinco conxuntos rematarán a súa temporada en Bilbao o vindeiro fin de semana no Euskalgym. A partir de aí, despois dun relax para preparar o Torneo Nadal, comezarán xa a traballar obxectivos cara a temporada 2020 na que haberá cambios importantes para algúns destes conxuntos.

Copa de España de Conxuntos

O domingo era o turno da Copa de España de conxuntos de nivel absoluto. O Club Ximnasia Pavillón acudía con dous: alevín e sénior. Ambos conxuntos lograron colocarse na metade da clasificación entre os mellores conxuntos nacionais (tan só os dous primeiros por categoría e autonomía acadaban a participación nacional).

SENIOR ABSOLUTO pavillon

O conxunto sénior, pese a non realizar o seu mellor enteiro da temporada, con algúns erros e caída de aparato, logrou colocarse no posto 13º dos 23 conxuntos da categoría na que había un excelente nivel.

ALEVÍN ABSOLUTO pavillon

O conxunto alevín estivo acertado aínda que con algunha imprecisión e foi 9º entre as 20 participantes.

Coa suma da mellor nota por categoría en cada unha das tres fases, das que esta foi a final, obtense a clasificación da autonomía. Galicia foi 7º moi preto da 6º autonomía clasificada (Canarias). Nas tres fases entraron as notas dos conxuntos alevín e sénior do Pavillón, ademais de Maniotas e Acordes no resto de categorías (infantil e júnior).

Vindeiras competicións de conxuntos

Estes conxuntos alevín e sénior absolutos, xunto co conxunto júnior, participarán tamén en Euskalgym o vindeiro fin de semana e a final de decembro terán a cita máis importante da temporada, o Campionato Nacional de conxuntos absolutos, en Zaragoza a finais do mes de decembro. Ambos conxuntos teñen como obxectivo mellorar a execución dos seus exercicios.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.