Ximansia PavillonDestacado Es noticia Gimnasia 

O Ximnasia Pavillón Ourense buscará en Marín a para o Campionato Nacional de Base e para a Copa de España

O Club Ximnasia Pavillón Ourense, buscará en Marín a participación de dous conxuntos de nivel Base no Campionato Nacional de Base e a de catro conxuntos na 3ª Fase da Copa de España

O Club Ximnasia Pavillón participará mañán 6 de outubro en tres eventos que se celebrarán en Marín: Campionato Galego Base de Conxuntos, Control Copa de España de Conxuntos e Control Copa Base Individual. Desde os seus inicios os Clubs pavillonistas veñen  apostando pola competición de conxuntos e buscará mañá sábado a clasificación de dous conxuntos do Nivel Base para o Campionato de España e de catro conxuntos absolutos para a 3ª Fase da Copa de España de conxuntos de nivel absoluto.

Ximansia Pavillon

  • CAMPIONATO GALEGO DE CONXUNTOS NIVEL BASE: participa buscando o pase para o Nacional un conxunto Infantil Base do Club Ximnasia Pavillón e outro conxunto Infantil Base da Escola Pavillón.
  • CONTROL COPA BASE INDIVIDUAL: En individuais o Pavillón presenta a Sabela Martín Fírvida en categoría cadete.
  • CONTROL III FASE COPA DE ESPAÑA: Para este control a escola presenta un conxunto junior e o club tres conxuntos (alevín, junior e senior); estes tres últimos xa acadaron participación nas dúas fases anteriores destacando o conxunto junior na 2ª Fase en Guadalajara onde se situaron nunha 6ª posición. Agora as pavillonistas pretenden colocar ós catro conxuntos ourensáns para que nos representen en Murcia.

A antesala deste sábado veuse desenvolvento nos tres torneos celebrados nas fins de semana inmediatamente anteriores onde as ximnastas tomaron contacto co tapiz por primeira vez nesta tempada con moi boas vibracións cara o galego.

Os conxuntos pavillonistas veñen obtendo cada vez mellores resultados a nivel galego e nacional

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.