Destacado Es noticia Gimnasia 

O XII Torneo de Nadal convocará a mais de medio millar de ximnastas en Os Remedios

XII TORNEO NADAL 2018 – 2 de decembro – De 10:30 a 14:00

  • A competición e a exhibición de Ximnasia Rítmica desenvolverase na Cancha Central do Pavillón dos Remedios (11:00h).
  • A competición e exhibición de trampolín desenvolverase no Anexo do Pavillón dos Remedios (10:30h).

O vindeiro domingo día 2 de decembro o Club Ximnasia Pavillón organiza o Torneo Nadal de Ximnasia, que este ano incorpora algunhas novidades.

Por primeira vez o Torneo Nadal inclúe unha parte de competición. Este cambio ven motivado por dúas razóns:

  1. No caso de Ximnasia Rítmica o Campionato Nacional de conxuntos de nivel absoluto está ás portas (do 13 ó 16 de decembro) e quérese aproveitar para que os conxuntos galegos poidan revisar os seus exercicios, ademáis de ofrecer un bonito espectáculo co mellor da rítmica galega.
  2. No caso de Trampolín a coxuntura é diferente. Xa fai anos que existe a demanda de algunha competición provincial para o nivel Escolar de Trampolín, xa que na Copa Deputación tan solo se fai tumbling e Minitramp simple. Por iste motivo os organizadores decidiron organizar unha competición nivel Escolar e Base. Este cambio foi do interés de varios clubs de fora de Galicia que tamén botan en falta competición para estes ximnastas.

Tanto nun caso como no outro a competición tivo unha moi boa acollida e ademais dos clubs que se desprazarán de Pontevedra, Lugo e A Coruña, acuden un club de Burgos e outro de Valladolid, estes últimos para participar na competición de Trampolín.

Independentemente da parte competitiva o compoñente principal deste Torneo segue a ser o lúdico. Diversidade de clubes e escolas deportivas mostrarán exercicios de expresión corporal que, como todos os anos, farán as delicias do público presente.

Nas últimas edicións houbo unha temática arredor da que se desenvolven os exercicios dos organizadores así como a posta en escea e ambientación. Nesta ocasión será o circo o que «traerá» a Os Remedios a acróbatas, malbaristas, equilibristas, animais, paiasos, etc.

CLUBS PARTICIPANTES

  • ED de Maceda
  • Escola Municipal de Celanova
  • Escola Municipal de Barbadás
  • Club Treboada (Pontevedra)
  • Club Esquío (Ferrol)
  • Escola Ximnasia Acordes (A Coruña)
  • Escola Deportiva Xinzo de Limia
  • Club Xiada (Pontevedra)
  • Club Gimnasia Burgos (Burgos)
  • D. Gimnasia de Trampolín Arroyo (Valladolid)
  • Escola Ximnasia Burgas
  • Club Ximnasia Escola Pavillón
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense

 

 

Noticias relacionadas