ximnasia pavillon trampolinDestacado Es noticia Gimnasia 

Nove ximnastas do Pavillón representaron a España no Campionato do Mundo de trampolín por idades

Destacada participación dos ximnastas ourensáns que representaron a España no Campionato do Mundo por idades de trampolín.

  • Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño entran en finais co seu exercicio de sincronismo na categoría de 17 a 21 anos situándose no 5º posto da clasificación
  • O club Ximnasia Pavillón ascende posicións na táboa de trampolín individual ano a ano.

Nove ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Ourense foron seleccionados pola Real Federación Española de Gimnasia para representar a España no recente Campionato do Mundo por Idades que se celebrou en Tokio entre os días 5 e 8 de decembro.

Catro días intensos despois dunha longa viaxe ate chegar a Tokio onde unha diferencia horaria de oito horas precisa de certo tempo de aclimatación horaria.

ximnasia pavillon trampolin

A delegación española competía no Centro Gimnsático Ariake construido para albergar a ximnasia nas Olimpiadas de Tokio 2020.

Os ximnastas ourensáns non defraudaron: Hugo Vila Pérez (categoría 13-14 anos ) para quen era o seu primeiro campionato do mundo conseguiu situarse na metade da táboa en trampolín individual, sendo o español mellor situado neste aparato; esta categoría estivo dominada por Gran Bretaña, Rusia, Japón, USA e a veciña Portugal. O mesmo Hugo Vila xunto co seu compañeiro Hugo Rodríguez Pérez acadaron o posto 14 en sincronismo.
Na categoría 15-16 anos, Alejandra Braña Barreiros xunto coa súa compañeira Desiree Valero Prats quedaron en 9ª posición, as portas da final detrás de Bielorrusia, Rusia, Gran Bretaña, Georgia e Alemaña, sendo de novo as españolas mellor situadas.

Pavillon Alejandra

Xa na categoría 17-21 anos, Noa Puente-Dodd Álvarez quedou no primeiro tercio da táboa cuns brillantes exercicios no Trampolín individual, sendo ela tamén a española mellor posicionada; esta categoría estivo de novo dominada por Rusia, Japón, USA, Gran Bretaña e Alemania.

Pavillon María e Noa
pavillon pedro

E xa na última xornada do Campionato Pedro Castaño Garrido (11-12) despois de dous acertados pases no Trampolín individual situouse na metade da tabla o que sen dúbida é un éxito motivador nun ximnasta tan pequeno; Pedro conseguiu tamén unha boa participación en DMT onde se situou na 15ª posición.

E a competición finalizou coa entrada en finais da parella formada por Lucas Domuro Arias e Nicolás Cid Rancaño que despois dunha emocionante preliminar fixeron vibrar as gradas españolas nunha dura final quedando finalmente 5º do mundo despois de Francia, USA, Alemaña e Rusia.

Ano a ano os participantes do Club consiguen manter unha notable presencia na delegación española e escalan pouco a pouco posicións no aparato olímpico ao que lle adican os máximos esforzos. O traballo e o sacrificio dos e das ximnastas así como dos seus adestradores, Ada Pazos Sánchez-Rubio e Iago Covela Iglesias vense así recompensados nunha competición onde predominou o traballo ben feito.

pavillon sincro lucas nico

Contamos que a pesar da longa de viaxe de regreso que lles espera poidan facer unha pequena exhibición no vindeiro Torneo Nadal que se celebrará o vindeiro sábado día 14 de decembro na Cancha Central e no Anexo do Pavillón dos Remedios.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.