Ximnasia Pavillón TrampolínDestacado Es noticia Gimnasia 

Noa Puente-Dod Álvarez representará a España en Bakú

O pasado 8 de marzo o Club Ximansia Pavillón realizou un acto en prol da igualdade

IX Copa Internacional de Ximnasia de Trampolín e control para os europeos

Esta fin de semana tivo lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz a Copa Galiza Internacional de Ximnasia de Trampolín. Ademais de clubs nacionais acudiron á cita clubs do veciño Portugal.

O Club Ximnasia Pavillón presentou 16 ximnastas de categoría elite presentando competidores e competidoras en todas as categorías acadando un total de 8 medallas de ouro 5 de prata e 5 de bronce.

Marta Rodríguez

Mateo Rodríguez Pérez, Claudia Blanco Cidón e e Marta Rodríguez Cancio proclamáronse campións da Copa nos dous aparatos nos que competían (DMT e TR).

Mateo e Claudia Ouro

Os mais pequenos do equipo comezan a temporada pisando forte proclamándose campións nos dous aparatos nos que competían.

Ximnasia Pavillón Trampolín

Os resultados pavillonistas foron os seguintes:

  • Claudia Blanco Cidón (10 anos) ouro en DMT e ouro en TR
  • Mateo Rodríguez Pérez (10 anos) ouro en trampolín
  • Saúl Rodríguez Rodríguez (10 anos) bronce en DMT e prata en TR
  • Marta Rodríguez Cancio (12 anos) ouro en DMT e ouro en TR
  • Hugo Rodríguez Pérez (12 anos) bronce en TR
  • Alejandra Braña Barreiros (13 anos) ouro en TR
  • Hugo Vila Pérez (13 anos) prata en TR
  • María Salas Cid (16 anos) prata en DMT
  • Noa Puente Dod (16 anos) bronce en DMT
  • Nicolás Cid Rancaño (16 anos) prata en DMT
  • Lucas Domuro Arias (17 anos) prata en TR
  • Parella de Sincronismo composta por María Salas e Noa Puente Dod medalla de bronce
  • Parella de Sincronismo composta por Nicolás Cid e Guillermo García medalla de ouro

Noa Puente-Dodd ÁlvarezFinalizada a Copa Galiza tivo lugar tamén o control co que se remataban os procesos clasificatorios para a formación do equipo nacional que participará no próximo mes en Bakú no campionato de Europa de trampolín; o club Ximnasia Pavillón tiña dúas nenas en seguimento para formar parte do equipo Junior, finalmente unha delas representará a España: Noa Puente-Dod Álvarez.

Actos polo día da Muller – 8 de marzo

O pasado xoves, día da muller, o día 8 de marzo, un grupo de ximnastas do Pavillón das dúas modalidades (rítmica e trampolín, nenos e nenas) fixeron unha parada no seu adestramento para tomar conciencia, da man dos seus adestradores, da necesidade de romper barreiras, da necesidade de que todos e todas poidan loitar na vida en igualdade de condicións.

Ademáis aproveitaron para facer un recoñecemento ás mulleres que tivo e ten o Club Ximnasia Pavillón (adestradoras e ximnastas), mulleres con excelente preparación e ilusión no seu traballo.

O acto foi un acto sinxelo, interno, non para un público senón co obxectivo da formación.

Noticias relacionadas