pavillon-ximnasiaDestacado Es noticia Gimnasia 

Medio centenar de gimnastas del Pavillón compiten en Portugal y Guadalajara este fin de semana

Os clubes Pavillonistas moven esta fin de semana 50 ximnastas repartidos entre Guadalajara e Carcavelos (Portugal)

Cascais Beachcup 2019

Fin de semana completo para os equipos Pavillonistas. O xoves dia 11 parten para Portugal 13 ximnastas de trampolín para participar na Cascais Beachcup 2019 que se celebra en Carcavelos, Portugal, a competición desenvolverase entre os dia 11 e 14 e a ela acuden saltadores de Portugal, Argentina, Bélgica, Polonia, Suecia e España.

Copa Conxuntos Base – Guadalajara

Tamén o xoves mesmo salen para Guadalajara tres conxuntos de ximnasia rítmica: infantil e cadete do CXP e alevín do Escola Pavillón, estes equipos clasificáronse no control de Ribadeo para competir na Copa Conxuntos Base que se desenvolverá entre o 11 e o 13 de abril.

O sábado día 12 participarán tres conxuntos de nivel absoluto do Club Ximnasia Pavillón que conseguiron situarse entre os dous de cada categoría que representarán a Galicia na Copa Absoluta.

En total movense pola xeografía da península 50 ximnastas pavillonistas que levarán o nome de Ourense a Portugal e Guadalajara.

Noticias relacionadas