Es noticia Gimnasia 

Medallas ourensanas en la Internacional Scalabis Cup de Trampolín

Ven de celebrarse en Santarem (Portugal) a Internacional Scalabis Cup de Trampolín.

Internacional Scalabis Cup de Trampolín

É este un dos Torneos Internacionais que se celebran no país veciño, con maior nivel competitivo. Na presente edición participan un total de 13 países: Bélxica, Canadá, Dinamarca, Finlandia, Gran Bretaña, Grecia, Kazajistán, Noruega, Holanda, Portugal, Suíza, Turquía e EEUU; 924 participantes e 63 club dos cales 9 son españois contando cos dous clubs galegos que se presentan, o Club Ximnasia Pavillón de Ourense e o Club Ximnasia Pontevedra, onte milita o ourensán Alejandro Cid.

Alejandro Cid (Foto archivo 2015)

Foi Alejandro Cid Masid un dos ourensáns que lograban subir o podio tras acadar o terceiro posto na categoría junior en Doble minitramp nesta probra internacional de Portugal. O ximnasta do Ximnasia Pontevedra acadaba ademais o primeiro posto por equipos xunto dos seus compañeiros Albert Melón e Pablo Moliner.

Numerosa representación e boas prestacións por parte Club Ximnasia Pavillón Ourense

A expedición ourensán saíu con 12 ximnastas de distintas categorías coa expectativa de entrar en finais con algún deles nos dous aparatos: Trampolín e Dobre Minitramp. Estas expectativas víronse cumpridas ao conseguir acadar 9 finais e catro medallas.

Na modalidade olímpica de trampolín na categoría Sub-12 Marta Rodríguez Cancio de 11 anos foi xunto coa suíza Lía Pichler as dúas finalistas mais xoves nunha categoría con 71 participantes. Esta categoría estivo dominada polas suízas, pasando a finais 4 suízas, 2 españolas, 1 turca e 1 portuguesa. A súa compañeira María Fuju García Varela rematou a competición en 10º posición. Na mesma categoría o pequeno Hugo Rodríguez Pérez tamén de 11 anos rematou nunha nada deseñábel 15ª posición entre 43 saltadores.

Na categoría Sub 14 Alejandra Braña Barreiros de 13 anos conseguiu o pase a finais rematando a competición en 7ª posición entre 78 saltadoras, sendo a española mellor situada, despois de Marina Chavarría da federación catalana.

En categoría Sub 16 María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez pasaron a finais coa 4ª e a 5ª posición despois de tres suízas e seguidas por Portugal e Finlandia, entre 34 competidoras. Na finais non conseguiron remontar posición rematando en 6ª e 8ª posición respectivamente . Únicas españolas finalistas, unha categoría onde de novo destacaron Suíza e Turquía. Na mesma categoría pero masculina Guillermo García Varela rematou en 13ª posición entre 40 competidores.

En categoría Junior, Lucas Domuro Arias quedou a un posto de entrar en finais situándose 9º de 28, sendo o español mellor situado despois de Robert Vilarasau tamén da federación catalana.

En Dobre Minitramp na categoría Sub-12 pasan a finais de novo Marta Rodríguez Cancio e a súa compañeira Rocío Salas Cid, acadando a primeira a medalla de bronce despois das británicas; Rocío remata en 6ª posició entre 65 competidoras. Saúl rodríguez Rodríguez e Hugo Rodríguez Pérez remataron en 11ª e 12ª posición respectivamente nunha categoría con 33 participantes.

Na seguinte categoría Alejandra Braña Barreiros entra de novo en finais rematando esta vez a competición en 3ª posición despois de americanas e portuguesas.

En Sub-16 María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez repetiron tamén finais acadando a competición en 7ª e 8ª posición nunha categoría con predominancia de portuguesas. Nicolás Cid Rancaño acadou tamén o pase a finais rematando a competición en 4º posición despois dos portugueses.

Por equipos, o equipo Sub 12 feminino composto por Marta Rodríguez Cancio, María Fuju García Varela e Rocío Salas Cid obtiveron a medalla de prata en Dobre Minitramp e a medalla de bronce na modalidade olímpica de Trampolín.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: