María Salas, Noa Puente-Dodd y Nicolás Cid (Ximnasia Pavillón) de concentración no CAR de Barcelona
- Participarán nunha concentración de ximnasia de Trampolín no CAR de Barcelona
As pavillonistas María Salas Cid, Noa Puente -Dodd Álvarez e Nicolás Cid Rancaño desprázanse ao CAR de Barcelona
O seleccionador de Gimnasia en Trampolín, Guillermo Vila ven de convocar a varios e varias ximnastas para unha concentración que se celebra no CAR de Barcelona entre os días 15 e 19 de outubro. Entre os oito ximnastas convocados, tres son do Club Ximnasia Pavillón: María Salas Cid, Noa Puente-Dodd Álvarez e Nicolás Cid Rancaño.

A traxectoria e o progreso destes ximnastas, con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos, fainos merecedores desta concentración onde seguramente aprenderán moito.
Aos ximnastas acompañaos a súa adestradora Ada Pazos Sánchez-Rubio.
Os e as ximnastas convocados de toda España son os seguintes
- Noa Puente-Dodd (Galicia-Ourense)
- María Salas (Galicia-Ourense)
- Erica Sanz (Valladolid Acrobática)
- Andrés Martínez (Arroyo- Valladolid)
- Raúl Sánchez (Getafe-Madrid)
- Ismael Belmonte (Albacete)
- Nicolás Cid (Galicia-Ourense)
- Jorge Cazorla (Getafe-Madrid)
- Técnicos: Ada Pazos y Cristina Sainz