Destacado Es noticia Gimnasia 

Mais de trinta ximnastas do Pavillón Ourense compiten desde venres no Nacional de Trampolín

  • Do xoves 26 ate o domingo 29. Polideportivo Pisuerga, Valladolid

Valladolid acolle durante catro días as e os saltadores de toda España dos dous niveis técnicos que existen na competición nacional: o Nivel Base e o Nivel Elite.

O Nivel Base distribúese en tres categorías : Base 1 (7-10 anos) Base 2 (11-14 anos) e Base 3 (15 anos e mais).

O Nivel Elite conta con 6 categorías Elite 4 (8-10 anos) Elite 5 (11-12 anos) Elite 6 (1314 anos) Elite 7 (15-16 anos) Elite 8 (17-21 anos) Elite 9 (senior).

O Club Ximnasia Pavillón Ourense acude a esta competición con dous equipos diferenciados: un equipo de Nivel Base formado por 15 ximnastas, competindo todos eles en Dobre Minitramp e Trampolín e outro equipo de Nivel Elite formado por 16 ximnastas que competirán todos eles no seu respectivo nivel en DMT e TR tamén.

Para dez destes ximnastas este será o seu primeiro ano en competición Base e para dous será o seu estreo na competición de Nivel Elite

O xoves os ximnastas poderán probar os aparatos (esto é imprescindible nunha modalidade onde suele haber diferencias apreciables entre os aparatos cos que adestran e aqueles nos que compiten) e o venres terá lugar a competición do Nivel Base; o sábado 28 desde as 9.00 ate as 21.40 da noite desenvolveranse as preliminares de Nivel Elite e o domingo 29 desde as 10.00 ate as 14.30 as finais.

Agárdalles pois unhas ongas e esgotadoras xornadas de competición.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: