ximansia pavillon CONXUNTO SENIOR ALEVIN AdestradoraDestacado Es noticia Gimnasia 

Los conjuntos de Ximnasia Pavillón cerraron la temporada en el Campeonato de España de nivel absoluto

Tempada notable para os equipos absolutos do club Ximnasia Pavillón

Entre os días 29 e 30 deste mes competían en Zaragoza dous dos conxuntos absolutos do Club Ximnasia Pavillón Ourense na máis importante competición de todo o ano, Campionato Nacional de Conxuntos de Nivel Absoluto. As expectativas, despois dunha excelente tempada, eran boas pero o obxectivo previsto non se acadou. Tras uns anos nos que o club ourensán apenas errou nos exercios executados nas máis importantes citas nacionais, esta non foi tan satisfactoria.

ximansia pavillon CONXUNTO SENIOR ALEVIN Adestradora

Ambos conxuntos tiveron erros importantísimos nos seus exercicios, en ambos pases, e, aínda así, obitveron unhas nada desdeñables clasificacións, sendo o alevín 18º clasificado entre os 31 conxuntos participantes na súa categoría. As senior, por súa parte foron 31º entre os 50 conxuntos participantes, considerando ademáis que se trata do campionato de máis alto nivel nacional. O equipo técnico valora o feito de que, aínda nos seus peores momentos, as ximnastas foron ben valoradas pola dificultade de ambos exercicios que, se ben suma cando se executan ben, tamén resta moito cando hai erros.

ximansia pavillon CONXUNTO SENIOR ALEVIN Adestradora

Natalia Gomez, adestradora do equipo senior (Lucía, Sara, Paula, Sabela e María) e Alba Estévez do alevín (Noa, Candela, Laura, Claudia, Paula e Mariña), están moi satisfeitas da evolución das súas ximnastas. Valoran moi positivamente a tempada que acaba de rematar na que ambos conxuntos se clasificaron para as tres fases de Copa de España obtendo moi boas clasificacións en case todas, e o excelente papel realizado no recente Euskalgym. Con esta evolución cabía esperar un moito mellor posto neste nacional pero ben é certo que a recta final de adestramentos, nos que tiveron que reorganizar horarios, grupos e lugar de instalación por mor das obras do Campo da Feira e dos Remedios, albergando do mellor modo a todos os grupos de niveis escolar, autonómico e nacional, puido restar concentración ás ximnastas.

A partir deste momento, estes conxuntos comezan xa a programación da vindeira tempada na que o alevín se estreará na categoría infantil e as súas compañeiras adquirirán veteranía tras o seu primeiro ano na categoría senior.

RESUMO DA TEMPADA 2019 DOS CONXUNTOS ALEVÍN E SENIOR

  • I Fase da Copa de España celebrada en Guadalajara (clasificados ambos conxuntos).
    • Alevín: 8º clasificado
    • Senior: 14º clasificado
  • II Fase da Copa de España celebrada en Zaragoza (clasificados ambos conxuntos).
    • Alevín: 5º clasificado
    • Senior: 16º clasificado
  • III Fase de Copa de España celebrada en Pamplona (clasificados ambos conxuntos).
    • Alevín: 9º clasificado
    • Senior: 13º clasificado
  • Campionato Autonómico Nivel Absoluto (Ourense,1 de novembro de 2019).
    • Alevín: subcampión galego
    • Senior: subcampión galego
  • Euskalgym:
    • Alevín: 6º clasificado
    • Senior: 17º clasificado
  • Nacional Conxuntos Nivel Absoluto:
    • Alevín: 18º clasificado
    • Senior: 31º clasificado

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.