Destacado Es noticia Gimnasia No solo deporte 

Festa de entroido do Club Ximnasia Pavillón

Na tarde do lúns, nun evento que nas anteriores edicións congregou arredor de catrocentos participantes

O CLUB XIMNASIA PAVILLÓN DA PISTOLETAZO DE SAÍDA Á TEMPADA QUE COMEZA COA SÚA FESTA DE ENTROIDO

Como todo non é adestrar e o xogo e o  lecer son importantes á hora de render ben, o Club Ximnasia Pavillón únese a estas festas organizando por terceiro ano consecutivo a súa festa de Entroido aberta a todos os nenos e nenas, mozos e mozas que se queiran achegar a pasar unha tarde, a do día 12 de febreiro, ó quente e con unha excelente animación (adestradoras do Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón).

Os pavillonistas viven con moito interés o entroido,  tan tradicional na nosa provincia,  e o meco tamén está presente todos estes días nas instalacións do Campo da Feira, onde os seus mandados non impiden un serio traballo deportivo.

Vindeiras competicións

Durante este fin de semana, coincidindo con estes festivos, catorce ximnastas de trampolín participarán nunha competición en Cascais. E a partires dos vindeiros fins de semana, as ximnatas de rítmica intensificarán o seu traballo cara as competicións provinciais, autonómicas e nacionais que terán lugar entre os meses de marzo a xullo.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: