Ximnasia Pavillon rítmicaDestacado Es noticia Gimnasia 

Excelente papel das infantís pavillonistas no Nacional de Conxuntos Base de rítmica

Excelente papel dos conxuntos pavillonistas no nacional base

Dende o pasado dia 8 de novembro ata o día 11, están tendo lugar en Murcia tres citas nacionais. Dúas destas citas teñen importante presenza pavillonista: Nacional Conxuntos nivel base (días 9 e 10) e Copa de España conxuntos nivel Absoluto (domingo día 11).

Ourense estivo representado na xornada do venres día 9 por dous conxuntos infantís, categoría na que competiron 96 conxuntos de toda España.

O conxunto do Escola Pavillón (Antía, Sara, Noa, Carla, Candela, Paula e Laura) acadou un fantástico 28º posto das 96 participantes, con unha alta nota de 10,700, tras realizar un dos mellores exercicios da tempada.

Ximnasia Pavillon rítmica

O conxunto infantil do Club Ximnasia Pavillón (Carmen, Vera, Iria, Uxia, Sabela e Daniela), de primeiro ano na categoría , comezou a súa actuación con moitos nervios e algún erro pero foron quen de defendela ata o último segundo, conseguindo o posto 55 con un 8,950, que as sitúa moi preto da mitade da clasificación.

Ximnasia Pavillon rítmica

As adestradoras destes dous conxuntos, Natalia Gómez (Escola Ximnasia Pavillón) e Raquel Dafonte (Club Ximnasia Pavilón) valoraron moi satisfectoriamente o rendemento dos dous equipos.

O domingo en xornada de mañán veremos ás dezasete ximnastas ourensás de nivel absoluto que lograron a sua clasificación para a Copa de España onde os tres conxuntos do Club Ximnasia Pavillón (alevín, junior e senior) mediranse cos dous mellores conxuntos do máximo nivel de cada comunidade autónoma.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: