Torneo de Nadal Ximnasia Foto David MartinezDestacado Es noticia Gimnasia 

El XII Torneo de Nadal de Ximnasia ofreció competición y exhibición ante una grada abarrotada

XII TORNEO NADAL DE XIMNASIA 2018

Desenvolveuse de novo o Torneo Nadal de Ximnasia, esta vez na súa XII edición e con algunhas novidades. Introduciuse un pequeno capítulo de competición tanto na modalidade de rítmica como na de trampolín. A competición e exhibición de trampolín desenvolveuse no Anexo e a competición de conxuntos de rítmica tivo lugar na Cancha Central. Aínda así o capítulo máis importante, tal como responde á filosofía deste evento foi a exhibición de varias modalidades ximnásticas (rítmica, estética, xeral, acrobática e trampolín) de todos os niveis con algúns números de danza.

Torneo de Nadal Ximnasia Foto David Martinez

Outro ano máis batéronse records de espectadores e ximnastas. As gradas de Anexo e Cancha Central tiveron un cheo total dende tempranas horas e o número de ximnastas estivo moi preto dos 600.

Torneo de Nadal Ximnasia Foto David Martinez

Na competición de trampolín no seu nivel escolar participaron ximnastas do Club Ximnasia Pavillón. Foi na competición de nivel base onde había representantes dos Clubs Burgos, Club Deportivo Gimnasia de Trampolín Arroyo, de Valladolid e Escola Burgas, nivel no que o reparto de medallas estivo moi repartido. Na competición de rítmica, por mor das apretadas axendas dos conxuntos absolutos que veñen de participar na III Fase de Copa de España e Torneo Nacional Euskalgym, tendo ademáis en breve o nacional, faltaron algúns clubes que quixeron dar descanso ás súas ximnastas.

Torneo de Nadal Ximnasia Foto David Martinez

A parte de exhibicion foi unha das mellores no que leva de historia este Torneo, tanto en coreografías, posta en escea, vestiario, etc., mantendo ó público entusiasmado ata o final.

Torneo de Nadal Ximnasia Foto David Martinez

Estiveron presentes e recibiron unha grande ovación os ximnastas do Club Ximnasia Pavillón que recentemente participaron no Mundial por Idades. Houbo tamén unha lembranza moi especial para unha xeración de ximnastas do Club Ximnasia Pavillón das modalidadees de rítmica e trampolin que este ano pecharon un ciclo e marcaron o pasado máis recente do club, recibindo un obsequio por parte dos seus adestradores.

Acompañaron na entrega de medallas D. Jesús Vázquez Abad, Alcalde de Ourense, D. Mario Guede Fernández, concelleiro presidente do Consello Municipal de Deportes, e D. Bernardino González Vázquez, asesor deportivo e representante da Deputación Provincial neste evento.

Torneo de Nadal Ximnasia Foto David Martinez

En canto á campaña de recollida de alimentos coa que se colaboraba, a dicir da Asociación Amencer, e sen facer aínda reconto exacto, foi a máis solidaria ata o momento.

CLUBS PARTICIPANTES

  • ED de Maceda
  • Escola Municipal de Celanova
  • Escola Municipal de Barbadás
  • Club Treboada (Pontevedra)
  • Club Esquío (Ferrol)
  • Escola Ximnasia Acordes (A Coruña)
  • Escola Deportiva Xinzo de Limia
  • Club Xiada (Pontevedra)
  • Club Gimnasia Burgos (Burgos)
  • D. Gimnasia de Trampolín Arroyo (Valladolid)
  • Escola Ximnasia Burgas
  • Club Ximnasia Escola Pavillón – Modalidades rítmica e trampolín
  • Club Ximnasia Pavillón Ourense – Modalidades rítmica e trampolín

Noticias relacionadas