Destacado Es noticia Gimnasia 

El Torneo de Primavera de rítmica concentrará a más de medio millar de gimnastas en Os Remedios

O XI Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense concentra, este domingo, 556 ximnastas de 28 clubs no Pavillón dos Remedios

Ourense acollerá, este domingo 7 de abril na cancha central do Pavillón dos Remedios, o décimo primeiro Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense. O evento deportivo conta coa inscrición de 556 ximnastas pertencentes a 28 clubs de toda Galicia e de diferentes localidades españolas. Desenvolverase en horario de 10:30 a 14:00 horas, pola mañá, e de 15.30 a 18:30 horas, pola tarde, e será retransmitido en directo a través do espazo web www.cxpavillonourense.com debido ao tirón desta disciplina.

“A organización prevé que se despracen a Ourense un milleiro de persoas para este acontecemento deportivo”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación. “Poucas cidades poden ofrecerlles aos participantes as instalacións deportivas e a oferta de lecer que temos en Ourense”, dixo dun torneo que será un bo pulo para a economía local.

 torneo primavera ritmica ourense

Malia non estaren presentes todas as categorías -“Non sería suficiente unha xornada para acoller toda a actividade que os clubs galegos levan a cabo”, explicaba a presidenta do Club Ximnasia Pavillón Ourense, Carmen Blanco-, estará presente o mellor da ximnasia ourensá e galega nas categorías prebenxamín, promoción, base, absoluto, e nas disciplinas de nivel promoción e individual de clubs nivel absoluto.

Ademais, o torneo contará con moitas nenas que practican este deporte de xeito non competitivo en Ourense, e moitas que participan a nivel escolar e que aínda están afianzando os seus exercicios cara ao mes de maio, no que chegarán as competicións, e que acompañarán as ximnastas durante todo o domingo para ir tomando contacto coa moqueta sen a presión competitiva.

Noticias relacionadas