El Campeonato Gallego de Conjuntos citará a lo mejor de la rítmica gallega en Os Remedios (1 de noviembre)
Fase autonómica do Campionato de España de conxuntos de nivel federado – nivel absoluto
O día 1 de novembro en xornada de mañán (de 11:20 a 13:30 horas) na Cancha Central dos Remedios, terá lugar a Fase Autonómica do Campionato Nacional de Conxuntos de Nivel Federado. Poderemos ver o mellor da ximnasia galega. Dezasete conxuntos xoganse o título galego nesta Fase que antecede ó Nacional que terá lugar en Zaragoza entre os días 29 de novembro e 1 de decembro.
Os clubs participantes son os seguintes:
- Club Acordes Pontedeume
- Club María Barbeito
- Escola Ximnasia Acordes
- Club Maniotas
- Club Saraiba De Poio
- Club Ximnasia Pavillón Ourense
As categorías nas que se desenvolve son benxamín, alevín, infantil, junior e senior. EStes tres conxuntos levan mostrado unha moi boa línea ascendente nesta etapa final da tempada de conxuntos, en especial os conxuntos alevín e senior que xa acadaran a clasificación para a Copa de España no control do pasado día 6 de outubro.
Ourense estará representado neste campeonato, que promete gran nivel, polo Club Ximnasia Pavillón Ourense cos conxuntos alevín, junior e senior.