María Fujú Marta Rodriguez Ada PazosDestacado Es noticia Gimnasia 

Dúas finais para Ximnasia Pavillón no Mundial de Ximnasia

O sincronismo das benxamíns  pa sa a finais e quedan oitavas e María Fujú pasa a finais en DMT e remata en sétima posición

DÚAS FINAIS PARA AS BENXAMÍNS DO CLUB XIMNASIA PAVILLÓN

Nos tres primeiros dias de competición o mais destacable foi a participación das benxamíns do equipo: María Fujú García Varela e Marta Rodríguez Cancio; iniciaron a competición o xoves 16 na modalidade de trampolín individual completando as súas rutinas e mellorando a nota de clasificación establecida pola federación española para participar neste evento  sendo neste caso Marta a mellor posicionada de entre todas as españolas da súa categoría.

María Fujú García Varela

O venres 17 participaron en trampolín sincronizado onde acadaron a clasificación á fase final da súa categoría en oitava posición, posición que mantiveron nas finais. É a primeira vez na historia do Club Ximnasia Pavillón que se consigue unha final nesta modalidade e as expectativas cara a vindeira temporada son boas xa que ambas están no seu primeiro ano da categoría.

O sábado 18 competiron en Dobre Minitramp onde María Fujú acadou o 4º posto en preliminares conseguindo así o pase para a final, rematou as finais en 7º posto pero foi a española mellor clasificada no seu grupo de idade.

Polo momento e a falta de un día de competición, este está sendo o campionato do mundo por idades con mellores resultados para o club ourensano. Tanto a participación dos compoñentes do club como a xeneralidade da delegación española está deixando un bo sabor de boca con un mínimo ratio de erro.

María Fujú Marta Rodriguez Ada Pazos



 

Noticias relacionadas