Pavillon Ritmica EQUIPOS BENXAMÍNS CADETEDestacado Es noticia Gimnasia 

Dous ouros, unha prata e un bronce para as pavillonistas no galego de ximnasia

Remate de luxo para os clubs Escola Pavillón e do Club Ximnasia Pavillón

Campionato Galego de ximnasia de Promoción

O pasado sábado día 9 de xuño, no Pazo dos Deportes Paco Paz, a tempada autonómica de rítmica tocou fin co Galego de Promocion. Eran seis os conxuntos locais que participaban esta fase autonómica: dous do Escola Pavillón (alevín e benxamín) e catro do Club Ximnasia Pavillón (prebenxamín, benxamín, infantil e cadete). Ademáis os conxuntos prebenxamín e benxamín do Club Ximnasia Pavillón Ourense, por un lado, e os infantís do Escola Pavillón por outro, participaban con sendos exercicios  na competición de Ximnasia Xeral que tivo lugar na xornada de tarde.

Na xornada de mañán, o coxunto benxamín do Ximnasia Pavillón Ourense foi proclamado campión galego de promoción, xornada na que o cadete se fixo co bronce. Por súa parte o conxunto benxamín do Escola Pavillón situouse no quinto posto a escasas décimas do pódium,, con un exercicio moi ben executado.

Na xornada de tarde participaban os conxuntos prebenxamín e infantil do Ximnasia Pavillón e o alevín do Escola Pavillón. O prebenxamín logrou proclamarse subcampión con un excelente exercicio. Os conxuntos alevín e infantil situáronses nos postos séptimo e noveno en categorías de moi elevada participación, en ambos con exercicios de escasos erros.

Finalmente tamén foi o ouro de Ximnasia Xeral para o Club Ximnasia Pavillón coa recreación coreografiada do conto Brancaneves executado polos conxuntos prebenxamín e benxamín.

As adestradoras están moi satisfeitas do traballo destes seis conxuntos durante a presente tempada que ven a significar a súa línea ascendente dos últimos anos tanto no nivel autonómico como nacional.

A última cita para a rítmica ourensá nesta tempada terá lugar en Zaragoza no último fin de semana de xuño. En terras mañas, con dous equipos individuais e tres conxuntos que participarán na Copa de España, tratarán de non romper esta dinámica, aínda que conscientes da dificultade da competición.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.