Es noticia Gimnasia 

Dos podios para Ximnasia Pavillón en el Gallego de base de rítmica

O CLUB XIMNASIA PAVILLÓN COMEZA A TEMPADA INDIVIDUAL CON DOUS PODIUMS NO GALEGO DE BASE

O domingo día 15 de marzo, doce ximnastas pavillonistas desprazaronse a Ribadeo para participar no campionato galego de base individual. Na categoría benxamín subiron ó pódium Iria Cudeiro, como campiona galega e Vera Gutiérrez, que foi terceira.

Iria Cudeiro, campiona galega e Vera Gutiérrez, terceira, no Campionato Galego de Base.
Iria Cudeiro, campiona galega e Vera Gutiérrez, terceira, no Campionato Galego de Base.

Os obxectivos que o equipo técnico fixou para os seus equipos nesta competición son mellorar a súa preparación cara ós campionatos de conxuntos de base que se celebrarán entre outubro e novembro. As ximnastas participantes son as compoñentes dos conxuntos benxamín, alevín e cadete de base. Por decisión técnica, e precisamente para poder comezar pronto a preparación dos conxuntos, o Club non asistirá ó campionato nacional individual de base, a pesares dos bós resultados obtidos no galego que lle permitirían acodir con dez das súas ximnastas a este nacional.

En breve comezará para o club a competición individual de clubes, na que espera poder conseguir a clasificación dalgúns dos seus equipos absolutos, para participar no nacional individual de clubes.

Noticias relacionadas

27 Thoughts to “Dos podios para Ximnasia Pavillón en el Gallego de base de rítmica”

Comments are closed.