Ritmica Pavillon Foto David MartinezDestacado Es noticia Gimnasia 

Dos plata y un bronce para los conjuntos de Ximansia Pavillón en el autonómico de rítmica

Os conxuntos alevín e sénior do Ximnasia Pavillón subcampións galegos. Bronce para o conxunto júnior.

Na xornada matinal deste venres día 1 de novembro competiron os tres conxuntos de nivel absoluto do Ximnasia Pavillón Ourense na Cancha Central dos Remedios obtendo tres metais: a prata para os conxuntos alevín e sénior e o bronce para o júnior. Nesta competición estaban todos os conxuntos de nivel absoluto que agora hai en Galicia e que supoñen o nivel máis alto de competición dentro da nosa Federación autonómica.

Ximansia Pavillon Podios Conjuntos
Fotos: Marcos de Martín Gutiérrez

O primeiro conxunto en competir foi o alevín. Candela, Noa, Mariña, Paula, Laura e Claudia realizaron un primeiro pase con algún erro na primeira metade do exercicio crecéndose en pista a medida que este avanzaba, obtiveron unha puntuación de 10,00. No segundo pase estiveron moito máis precisas e subiron ata un 11,60. Foron segundas na clasificación.

Ritmica Pavillon Foto David Martinez
Foto: David Martinez

O conxunto júnior realizou no primeiro pase o seu mellor exercicio no que vai de temporada. O segundo pase estivo menos acertado. Julia, Candela, Sara, Antía, Claudia e Uxía foron terceiras.

Ritmica Pavillon Foto David Martinez
Foto: David Martinez

O conxunto sénior obtivo no primeiro pase unha excelente puntuación de 14,75 a pesar de non realizar un exercicio limpo que incluíu unha penalización de 0,60 por saída de tapiz. Sabela, María, Sara, Paula e Lucía melloraron moito a execución no segundo pase obtendo mellor puntuación que no primeiro (16,55). Foron prata, igual que as súas compañeiras alevíns.

Ritmica Pavillon Foto David Martinez
Foto: David Martinez

Natalia Gómez e Alba Estévez, adestradoras destes tres equipos, valoran moi positivamente a súa evolución nesta última parte da tempada competitiva. A seguinte cita está no vindeiro domingo día 10, día no que os dous conxuntos ourensáns subcampións galegos participarán na Copa de España. O seu obxectivo é lograr “ese pase perfecto”, buscando a mellor clasificación posible, contando coa dificultade de medirse cos mellores conxuntos nacionais.

ximnasia pavillon
Foto: Marcos de Martín Gutiérrez

Tamén en Pamplona, nos días inmediatamente anteriores,  terá lugar o Nacional de conxuntos base no que participarán cinco conxuntos pavillonistas. Os oito conxuntos (os cinco de nivel base e os tres de nivel absoluto) viaxarán unha semana despois a Bilbao para participar no Euskalgym que será unha boa antesala para a última cita da tempada (Nacional Conxuntos nivel absoluto, Zaragoza, do 28 de  novembro ó 1 de decembro).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.