Dez finais e unha prata balance de Ximnasia Pavillón en Valladolid
Rematou o Internacional de Trampolín celebrado en Valladolid con 10 finais para os deportistas do Club Ximnasia Pavillón e unha medalla de prata para Noa en DMT.

O Ximansia Pavillón conseguiu estar presente en varias finais neste torneo Internacional de gran nivel onde acudiron representantes entre outros de EEUU, Bulgaria, Italia, Grecia, Rusia, Canadá, Alemania, Austria etc.
Os mais pequenos da expedición, Mateo e Claudia, lograron unha mais que meritoria clasificación na modalidade de Trampolín 11-12, 7ª e 5ª posición respectivamente, nunha categoría dominada por Bulgaria.

Noa rematou a súa ronda preliminar de Trampolín en 5ª posición aínda que en finais algún fallo a levouna a 7ª posición, superada por americanas, germanas e a española Paula Vázquez.
Tamén en Trampolín Alejandra quedou en 10ª posición sendo a española mellor clasificada nunha categoría dominada por Italia, EEUU e Georgia.