Destacado Es noticia Gimnasia 

Destacada participación de Ximnasia Pavillón nas competicións provinciais de rítmica

XIMNASIA RÍTMICA- MACEDA- 1 DE MAIO

  • II FASE COPA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
  • I FASE NIVEL ESCOLAR
  • I FASE PROVINCIAL PROMOCIÓN

O mércores día 1 de maio tivo lugar en Maceda, en xornada de mañán e tarde, a segunda fase da Copa Deputación de Ximnasia Ritmica e primeira do provincial nivel escolar, este último clasificatorio para o autonómico que terá lugar en Marín o último fin de semana de maio. O cheo nas gradas era total e o nivel de participación ven sendo cada vez máis alto en número e nivel. Ambas competicións foron conxuntas, sendo os mesmos equipos os que se presentan en ambas. Non así a clasificación individual que só conta para a Copa Deputación, non estando esta modalidade incluída na normativa de nivel escolar.

Os resultados de todos os conxuntos e individuais dos clubes pavillonistas que se presentaron a estas fases de competición foron os seguintes:

II FASE CONXUNTOS COPA DEPUTACIÓN- I FASE CONXUNTOS NIVEL ESCOLAR

  • CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 1º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE C: 2º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 3º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 9º
  • CATEGORÍA BENXAMÍN:
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 1º
  • CATEGORÍA ALEVÍN:
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN A: 3º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN B: 5º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN RIBADAVIA: 6º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN C: 11º
  • CATEGORÍA INFANTIL:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 1º
    • CLUB XIMNASIA ESCOLA PAVILLÓN: 2º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 7º
  • CATEGORÍA CADETE:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A: 1º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B: 3º
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE C: 6º
  • CATEGORÍA SENIOR:
    • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE: 1º

II FASE INDIVIDUAL COPA DEPUTACIÓN

  • CATEGORÍA PREBENXAMÍN:
    • PATRIK CÉLIS LÓPEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 2º
    • LARA BARANDELA VÁZQUEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 3º
  • CATEGORÍA INFANTIL:
    • AINARA ÁLVAREZ NÓVOA (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 1º
    • DANIELA RODRÍGUEZ LOSADA (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 5º
  • CATEGORIA SENIOR:
    • PAULA PORTO URBANO: 1º

Na mesma xornada disputouse a I Fase Provincial de nivel promoción, tanto en modalidade de conxuntos como individual. Na modalidade de conxuntos a práctica totalidade dos mesmos pertencían os clubes Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Ximnasia Pavillón. Os conxuntos benxamín, alevín e xuvenil do Club Ximnasia Pavillón Ourense e o alevin e cadete do Escola Ximnasia Pavillón son os cinco conxuntos ourensáns neste nivel. Ademáis, na categoría cadete, participou o conxunto do club Bayo- Sil. Foi por tanto máis unha xornada de control de exercicios que de competición propiamente. Os conxuntos afinan así os exercicios para as citas que esperan de aquí á mitade de xuño que terá lugar o autonómico no que se medirán cos conxuntos do resto de Galicia que resulten clasificados.

Na modalidade individual si houbo unha máis alta participación. Os resultados dos ximnastas pavillonistas participantes foron os seguintes:

I FASE INDIVIDUAL PROVINCIAL PROMOCIÓN

  • CATEGORÍA BENXAMÍN:
    • JOSÉ VÁZQUEZ GÓMEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 1º
    • CRISTINA PÉREZ GONZÁLEZ (ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN): 2º
  • CATEGORÍA ALEVÍN:
    • DAMIÁN GÓMEZ DIOSDADO (ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN): 2º
    • ISABEL GÓMEZ GÓMEZ (XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE): 3º

A xornada completouse con exhibicións tanto de nivel escolar como nacional, participando cinco individuais do Club Ximnasia Pavillón Ourense, o seu conxunto senior de estética de grupo tamén de nivel nacional, o conxunto alevín de estética de nivel escolar e varios grupos de ximnasia xeral.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: