Destacado Es noticia Gimnasia 

O conxunto infantil da Escola Pavillón subcampión galego de rítmica

O domingo día 8 de outubro tivo lugar en Marín unha densa xornada deportiva  onde se constatou unha vez máis a boa saúde da ximnasia rítmica galega, na que os clubes pavilonistas seguen ocupando os postos de cabeza.

O CONXUNTO INFANTIL DE BASE DO ESCOLA PAVILLÓN PROCLAMASE SUBCAMPIÓN EN MARÍN.

Na xornada de mañán disputouse o galego de base clasificatorio para o nacional. Os conxuntos ourensáns do Club Ximnasia Pavillón e do Escola Pavillón obtiveron a segunda praza.

O primeiro en competir foi o alevín do Club Ximnasia Pavillón (Uxía, Carmen, Vera, Iria, Daniela Muradás, Sabela e Sara Pacios) realizando un primeiro pase con algúns erros pero mellorando con claridade o seu segundo pase. A clasificación non estaba complicada nesta categoría, na que se colocaron segundas, sendo primeiro o conxunto do Club As Triscas de Pontevedra.

 

O conxunto infantil do Escola Pavillón (Daniela Abad, Noa, Sara González, Antia, Candela e Carla) tiveron erros que pagaron caros no seu primeiro pase e tamén lograron un segundo pase moi acertado que as colocou en segunda posición proclamándose subcampionas galegas. Foi campión o conxunto do Club As Triscas e terceiro o conxunto do Club Viravolta de Santiago de Compostela.

Xa pola tarde tiña lugar o control clasificatorio para a Copa de España Individual Base e Copa de España de conxuntos de nivel absoluto. En competición individual o Club Ximnasia Pavillón presentaba catro ximnastas: Paloma Oliver e Sabela de Martín en categoría cadete e Marta Mangana e Lidia Babarro en categoría senior, clasificándose para a Copa Marta e Lidia.

No control de conxuntos de nivel absoluto,  no que se clasificaban dous conxuntos por categoría,  foi o conxunto junior o que conseguiu a clasificación, non obtendo praza o conxunto infantil que obtivera a medalla de bronce na segunda fase de Copa de España disputada en Logroño no pasado mes de xullo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: