Destacado Gimnasia 

O conxunto cadete de Ximnasia Pavillón Campión Galego de rítmica

Ximnasia Pavillón e Club Marusia puxeron fin a tempada de promoción no campionato disputado en O Carballiño

CLUB XIMNASIA PAVILLÓN: RESUMEN ACTUACIÓN

O conxunto cadete do club Ximnasia Pavillón proclamouse campión galego de promoción. Outras dúas pratas e un cuarto posto do pavillón coroan a participación pabellonista neste campionato.

O Club Ximnasia Pavillón acudía con tres individuais e catro conxuntos de nivel promoción o sábado día 10 de xuño a O Carballiño.

Na xornada de mañán era o turno das categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, tanto en modalidade individual como conxuntos. Nas categorías prebenxamín e benxamín, na modalidade de conxuntos,  os pódium foron para Acordes, Maniotas e Pavillón.

Por parte da escuadra pavillonista, competían en modalidade individual Allmudena Moreiras Dacosta (benxamín), Daniela Muradás Vargas e Candela Nogueiras Nóvoa (ambas de categoría alevín). Almudena foi proclamada subcampiona galega. Realizou o seu exercicio con moita corrección aínda que con algún erro que a apartou  só unha décima do máis alto do pódium, posto que foi para Sara Uzai do Acordes. Candela e Daniela obtiveron os postos 9º e 12º respectivamente.

Na modalidade de conxuntos competían os conxuntos prebenxamín, benxamín e infantil, dous deles, formados no inicio desta tempada,  estreabanse nunha das categorías de máis alto nivel (o prebenxamín e o benxamín).

O conxunto prebenxamín (Jimena, Mónica, Martina, Lía, Candela Gosende e Maya) foi subcampión galego a tan solo 0,40 do ouro. O conxunto benxamín (Candela Salgueiros, Abril, Salma, Candela Martínez, Sabela, Almudena e Isabel) obtivo un excelente cuarto posto que crea moi boas expectativas para estas nenas.

O conxunto infantil ( Laura, Enma González, Paula Fernández, Paula Montero, Yaiza, Enma Blanco e Alba) tivo menos sorte e situouse no posto 16º.

Xa pola tarde viría a gran sorpresa do día. O conxunto cadete, con cinco cintas, conxunto que leva anos arañando pódium  nesta competición fíxose co ouro e Carla Moral, Marta, Uxía, Xiana, María Laura, Leire e Carla Valdés proclamaronse campionas galegas de promoción  na modalidade de conxuntos nesta categoría. O equipo técnico, en especial Miriam Cid, a súa adestradora, está moi satisfeita da tempada destas nenas que, ademáis dan fé da importancia da paciencia nun deporte coma este, xa que levan no club moitos anos e con un gran nivel deportivo que acabaron plasmando na competición, realizando un exercicio impecable de execución.

Con esta competición o Club Ximnasia Pavillón da por rematada a tempada no nivel de promoción, tras rematar no nivel escolar o fin de semana pasado co Galego Escolar e Copa Deputación. Nestes dous niveis de competición a suma de resultados foi máis que satisfactoria pero, sobre todo, a dicir da coordinadora deportiva, Natalia Gómez, os obxectivos marcados foron superados na maior parte dos casos. Os catro conxuntos de nivel escolar acadaron todos medalla, senón no galego escolar (onde as prebenxamíns foron subcampionas), sí na Copa Deputación, onde tres deles acadron ouro e un a prata. Cos catro conxuntos de promoción obtiveronse un ouro, unha prata e un cuarto posto, ademáis da prata individual.

No nivel de competición nacional queda o Nacional Individual de clubs a celebrar en Logroño na última semana de xuño, onde, ademáis das trece ximnastas das escuadras pavillonistas, o club acudirá con tres conxuntos para a segunda fase de Copa de España de Conxuntos de nivel absoluto.

CLUB MARUSIA: RESUMEN ACTUACIÓN

O club Marusia desplazouse a O Carballiño ó Campionato Galego de promoción, representado poas ximnastas María Blanco, Sara González e Andrea Nuñez.

Eva María foi a primeira en saír o tapiz completando un bo exercicio. Non chegou os postos de acceso ó podio pero mostrou un bo nivel respecto ás demais participantes.

Máis tarde chegou a quenda de Andrea en categoría infantil realizando o mellor exercicio da tempada que lle valeu un 6,80, terceira mellor nota das ximnastas con mazas sendo sétima na xeral.

Pechou a participación Sara, tamén en infantil. Bo exercicio para ela, mellorando en máis dun punto a nota recibida na provincia

Con este campionato, o Club Marusia dá por rematada a tempada competitiva pero continuará cos adestramentos até principios de xullo.

Noticias relacionadas