Ximnasia BurgasDestacado Es noticia Gimnasia 

Clube Escola Ximnasia Burgas arranca a nova temporada

O Clube Escola Ximnasia Burgas arranca a nova temporada con gran ilusión e cantidade de ximnastas e proxectos, aínda que vai se moi difícil superar a do ano anterior, en canto a resultados tanto en Internacionais como nacionais e Autonómicos e en ambas modalidades: ximnasia Acrobática e Trampolin.

Destacando algúns como o 3º posto no Campionato de Europa de Trampolin, en Doble minitramp Absoluto por Equipos de Daniel Pérez e Alejandro Cid Masid ( con só 18 anos) no mes de Abril. Ademais de varios ouros en podios Internacionais e Nacionais de ambos ximnastas.

Os grupos de Acrobática que Acadaron o 1º posto Nacional Senior-Absoluto por equipos ademais do 1º( Campionas Nacionais) e 3º tamén en tríos e o 2º en parellas no mes de Xuño, demostrando ser o mellor clube de Base Nacional Absoluto. Así como os podios en Internacional Copa Galicia con duas pratas e un bronce.

Ximnasia Burgas

Tamén as mais pequenas en Alevín acadaron o Subcampionato Nacional por Equipos ademais de 3º en parellas.

En trampolin acadáronse tamén varios podios Nacionais tanto en Equipos como en individual de Élite e Base, destacando a Alevín Sofía Fdez. Vispo: Campiona de España en Tumblig, donde a súa compañeira Jimena Gómez acadou o 3º posto e en Absoluto Marina Martínez o Subcampionato.

A nivel Autonómico iste ano destacou sobre todo no Escolar de Acrobática donde o clube gañou Equipos en Benxamín, Alevín e Infantil ademais de copar casi tódolos podios tanto en tríos como en parellas e cuartetos (participaban 8 clubes).

Pero sobre todo destacamos as coreografías de exhibición nas que participan a vez case 100 ximnastas, nas que todal@s nen@s teñen cabida independentemente da competición.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.