Cinco medallas para Ximnasia Pavillón no Open da Comunidade de Madrid
O equipo de Trampolín do Club Ximnasia Pavillón volve do Open da Comunidade de Madrid con 2 ouros, 1 prata e 2 bronces
VIII Trofeo Comunidad de Madrid autonómico y Open 2017
O equipo de Trampolín do Club Ximnasia Pavillón volve do Open da Comunidade de Madrid con 2 ouros 2 bronces e 1 prata gracias as actuacións de Maria Salas, Daniel Fernández, na categoría absoluta, e das pequenas Alejandra Braña e Marta Rodríguez.
Un ano mais o equipo de Trampolín do CXP acudiu a Madrid para competir no VIII Trofeo Comunidad de Madrid autonómico y Open 2017 onde participou, no Polideportivo «Cerro BuenaVista» (Getafe), xunto con equipos de Cataluña, Canarias, Castilla La Mancha, Castilla e León e Galicia, que en total sumaron ao redor de 100 ximnastas.
O CXP acudía a esta cita con 14 ximnastas de competición elite, algúns deles estanse estreando por primeiro ano nesta categoría.
CATEGORÍA SUB-15
- MARTA RODRÍGUEZ CANCIO (11 anos) Ouro en Dobre Minitramp
- ALEJANDRA BRAÑA BARREIROS (13 anos): Ouro en Trampolín e Bronce en DMT
CATEGORÍA ABSOLUTA
- MARÍA SALAS CID (15 anos): Prata en Trampolín
- DANIEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ (16 anos): Bronce en Trampolín
Estes meses van a ser complicados para os/as saltadoras do Club xa que a vindeira semana acudirán ao autonómico de Castela-León, a fin de semana do 23 ao 25 estarán na Estrada no Campionato Galego, do 6 ao 8 de xullo acudirán a cita internacional da Scalabis Cup e do 20 ao 30 de xullo desprazaránse a S. Cugat (Barcelona).
A cita co mundial, en Sofía (Bulgaria) do 16 ao 19 de novembro fai que o nacional de trampolín se desenvolva en outubro e que a tempada forte de competición comece agora en xuño.