Destacado Gimnasia 

Carballiño sede do Campionato Galego Escolar de Rítmica

O vindeiro sábado día 27 de maio no Paco Chao do Carballiño

Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica 2017

O vindeiro sábado día 27 de maio disputarase no pazo dos deportes Paco Chao do Carballiño a fase final do Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica en onde se darán cita os mellores conxuntos escolares de Galicia en esta disciplina.

Máis de 650 ximnastas de preto de 40 clubs e escolas das catro provincias galegas, entre os que estará por primeira vez o club Marusia, acompañadas de cerca de 2000 xiadeiros, desprazaranse o Carballiño para intentar ser as mellores de cada unha das categorías nas que se desenrola esta competición: Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Sénior. Nas categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, o programa de competición é mans libres. Na categoría Infantil o aparello será aros e pelotas e na categoría Cadete será cordas e pelotas e na categoría Sénior será mazas e aros.

Esta competición organizada pola Federación Galega de Ximnasia co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, conta coa colaboración de o Concello de O Carballiño e do Club Marusia (como club que desenrola parte da súa labor na vila do Arenteiro).

As cinco horas que dura a competición, distribúese en dúas sesións; pola mañá dende as 11:30h ata as 14:00h será a quenda dos conxuntos de categoría Prebenxamín, Benxamín e Alevín, e finalizará coa entrega de medallas e trofeos aos tres mellores conxuntos de cada categoría; xa pola tarde, e a partires das 16:30h sairán o tapiz da pista central do Paco Chao os conxuntos Infantís, Cadetes e Séniores que buscarán acadar un dos tres primeiros postos da clasificación. Por outra banda, é importante sinalar que os dous primeiros clasificados de cada categoría ascenden automaticamente a Promoción.

Club Marusia

Nesta fase final do campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica o club Marusia estará moi ben representado na categoría infantil por un xoven conxunto escolar formado polas ximnastas Nuria, Cristina, Aldara, Aroa, Laura e Elisa, que tras proclamarse o pasado 13 de maio campioas provincias, obtiveron o pase directo a esta final. Non o terán fácil, pero seguro que loitarán para intentar acadar a mellor clasificación posible.

Copa Deputación

Como colofón a un intenso fin de semana ritmiqueiro, o domingo día 28 celebrarase no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense a Fase final da Copa Deputación.

Noticias relacionadas