Destacado Es noticia Gimnasia 

Brillante actuación dos conxuntos do Pavillón no Torneo Euskalgym

As benxamíns do Escola Pavillón acadaban a prata e Ximansia Pavillón facíase cun cuarto posto en junior e un quinto en alevín

XII Torneo Euskalgym

   

Este fin de semana a ximnasia ourensá participaba nunha competición de ámbito nacional das máis presitixiosas, XII Torneo Euskalgym, organizado pola Federación Vasca de Ximnasia. Os clubes pavillónistas bateron record de resultados ourensáns neste evento.

Acudían sete conxuntos pavillonistas, seis deles como previa ós nacionais que terán lugar de xeito inmediato entre os días 22 e 26 de novembro (Nacional conxuntos base e Copa de conxuntos nivel absoluto, en Alicante) e os días 30 de novembro a 3 de decembro (Nacional de conxuntos nivel absoluto, en Valladolid).

O primeiro en competir, na xornada do sábado foi o conxunto cadete do Ximnasia Pavillón, campión galego de promoción en xuño deste ano, que competía con conxuntos de nivel base. Xiana, Carla Estévez, Carla Moral, Leire, Uxía e María Laura, nunca competirán fóra de Galicia. A presión de verse por primeira vez nunha competición destas características fixo realizaran un pase digno pero sen o brillo do exercicio que lles otorgou o ouro no galego de xuño. Foi para elas unha gran experiencia deportiva e persoal.

O domingo comezaba a competición coas categorías alevín e infantil base onde as alevíns do Club Ximnasia Pavillón (Uxía, Iria, Carmen, Sara, Vera, Daniela e Sabela) sorprenderon co mellor exercicio, ata o de agora, de toda a tempada. Prácticamente sen erros conseguiron unha quinta praza moi meritoria nesta categoría.

O conxunto infantil do Escola Pavillón (Candela, Noa, Daniela, Carla, Antia e Noa) obtivo unha moi boa nota pero tivo un erro que pagou caro e as apartou do que puido supoñer un mellor resultado, situándoas na mitade da táboa clasificatoria.

Entre os conxuntos de nivel absoluto, as benxamíns (Noa Candela, María, Mariña, Claudia, Paula e Laura), co dinamismo ó que nos teñen habituados nesta tempada, alzaronse como subcampionas do Euskalgym 2017, detrás do Club valenciano Les Marines, sendo terceiro o madrileño Club Algete. As infantís (Candela Diaz, Candela Pérez, Uxía, Claudia, Sara e Julia) alonxaronse tamén de postos de relevancia a consecuencia dunha salida de aparato e ximnasta, erro que conseguiron minimizar continuando o seu exercicio con moito acerto.

O conxunto junior (María, Sabela, Rebeca, Sara, Paula e Lucía) , que acudirá a Copa de conxuntos absoluto, acadou un exelente cuarto posto a escasos 0,150 puntos do bronce, superando a equipos de alto nivel.

O conxunto senior (Candela, Lorena, Uxía, Paula, María, Antía e Ana), composto na súa totalidad por ximnastas que están realizando xa a súa labor como adestradoras do club, relizou a súa rotación con bastante corrección aínda que con erros a superar nos poucos días que quedan ata a súa participación no nacional.

Rematamos esta competición moi satisfeitos dos resultados obtidos, resultados que van marcando o ritmo ascendente de nivel dos clubes pavillonistas, o que nos da moi boas sensacións cara a este final trepidante de tempada.

Noticias relacionadas