Destacado Es noticia Gimnasia 

Brillante actuación de Ximnasia Pavillón en la Copa Deputación de rítmica y trampolín

Catorce metáis na modalidade de rítmica (7 ouros, 2 pratas e 5 bronces) e outros catorce na modalidade de trampolín. Ademáis tres conxuntos pavillonistas irán a Copa de España de Zaragoza

Copa Deputación de gimnasia

O sábado 26 de maio celebrouse no Pavillón de Carballiño a Fase Final da Copa Deputación nas modalidades de ritimica (individual e conxuntos) e trampolín (suelo e minitramp) en xornada de mañán e tarde debido ó cada vez maior volumen de participación.

XIMNASIA RÍTMICA

Entre a Escola e o Club Ximnasia Pavillón presentaron un total de 4 individuais e 17 conxuntos a esta competición.

Na modalidade individual obtiveron pódium todas as súas participantes (3 ouros e 1 bronce). Ouro nas categorías prebenxamín (Lara Barandela Vazquez), infantil (Elia Dorribo Iglesias) e cadete (Denise Fernández Sánchez). E o bronce na categoría benxamín (Alejandra Baliñas López). Destacar que Alejandra nesta última fase quedou primeira, igual que na fase anterior de Barbadás, pero debido a falta de asistencia a unha das fases, na clasificación xeral quedou no 3º posto (xa que a clasificación final depende da suma das catro fases).

Na modalidade de conxuntos obtiveron 10 medallas (4 ouros, 2 pratas e 4 bronces)

CLASIFICACIÓN CONXUNTOS (representación pavillonista en todas as categorías):

INICIACIÓN

  • 1º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A

PREBENXAMÍN

  • 2º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN B

BENXAMIN

  • 2º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

ALEVÍN

  • 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN
  • 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

INFANTIL

  • 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN A

CADETE

  • 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN
  • 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ( nesta última fase foi 2º )

SENIOR

  • 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN
  • 3º ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN ( nesta última fase foron primeiras con moi boa actuación)

A seguinte cita para a rítmica de nivel escolar  será o vinderio fin de semana en Marín, no autonómico, para o que s pavillonistas levan  moi boas vibracións cos 10  conxuntos clasificados nas Fases Provinciais.

Clasificación para a 2º Fase da Copa de España de conxuntos

Na xornada de tarde houbo tamén un espazo para os conxuntos de máis alto nivel. Dez conxuntos galegos de nivel absoluto optaban á clasificación para a 2º Fase da Copa de España de conxuntos: o conxunto alevín do Club Ximnasia Pavillón Ourense, os conxuntos infantís de Club Esquío, Acordes e María Barbeito, os conxuntos junior do Ximnasia Pavillón, Escola Ximnasia Pavillón, Acordes e Maniotas e os conxuntos senior do Ximnasia Pavillón e María Barbeito.

Finalmente tres conxuntos pavillonistas competirán en Zaragoza no último fin de semana de xuño: o alevín, un junior e o conxunto senior.

XIMNASIA DE TRAMPOLÍN

En trampolín a competición amosou a disciplina e corrección dos e das ximnastas pavillonistas que, na súa maioría, se  están iniciando nesta modalidade.

Os resultados obtidos foron os seguintes:

  • Diego Rodríguez Pérez (prebenxamín masculino) ouro en minitramp
  • Patrik Celis López (prebenxamín masculino) prata en tumbling
  • Iván Pacios Miguel (prebenxamín masculino) prata en minitramp
  • Ainhara Camoeiras Vázquez (benxamín feminino) prata en minitramp
  • Daniel Imray Carrasco (benxamin masculino) ouro en minitramp e bronce en tumbling.
  • Paulo Héctor Permuy Fernández (benxamín masculino) bronce en minitramp
  • Gaia Janeiro Teixeira (alevín feminina) prata en minitramp
  • Sophia Novelle Man (infantil feminina) ouro en minitramp
  • Artur Permuy Fernández (infantil masculino) ouro en minitramp
  • Clara Iglesias Pérez (cadete feminina) ouro en tumbling e minitramp
  • Rubén Castillo López (cadete masculino) ouro en tumbling e minitram

O día 6 de xuño na Cancha Central dos Remedios todos os ximnastas de nivel escolar de ambos clubes (tanto de rítmica como de trampolín) poñerán fin á súa actividade deica o mes de outubro, que se reanudará. Haberá moitas sorpresas para elas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.