Destacado Es noticia Gimnasia 

Ampla participación do Ximansia Pavillón no Torneo de conxuntos Euskalgym

Escola Pavillón e  Club Ximnasia Pavillón trasládanse a Vitoria para participar neste torneo de ámbito nacional

XII Torneo de Conjuntos Euskalgym

Esta fin de semana, coincidindo coa tradicional San Martiño, a totalidade das ximnastas ourensás de nivel nacional, xunto con algún conxunto de promoción, do Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón, trasládanse a Vitoria para participar no Torneo de ámbito nacional Euslkalgym onde se darán cita un gran número de conxuntos que dúas semanas máis tarde participarán no Nacional que se celebrará en Vitoria.

O Escola Pavillón acude a esta cita con dous conxuntos (Infantil Base e Benxamín absoluto) e o Club Ximnasia Pavillón con cinco conxuntos (cadete promoción, que se medirá con conxuntos de nivel superior, o conxunto alevín de base e os tres de nivel absoluto infantil, junior e senior).

A participación nesta competición é moi importante para as pavillonistas en aras a conseguir un mellor estado de forma e sensacións competitivas cara as vindeiras citas que esperan ós catro conxuntos de nivel absoluto e dous de nivel base.

O horario de competición é o seguinte:

SÁBADO

  • 09:15-10:45 CADETE E XUVENIL
  • 10:51-12:10 BENXAMÍN E PREBENXAMÍN
  • 12:12-13:45 CADETE E XUVENIL

DOMINGO

  • 09:15-12:41 INFANTIL BASE, ALEVÍN BASE E BENXAMÍN
  • 12:46-13:48 COMPETICIÓN MASCULINA
  • 13:51-16:49 XUNIOR E INFANTIL
  • 16:55-19:54 ALEVÍN, PRIMEIRA E SENIOR

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario