Destacado Es noticia Gimnasia 

Actuación do Ximnasia Pavillón nos nacionais de Alicante

COPA DE LA REINA INDIVIDUAL BASE / CAMPEONATO NACIONAL CONXUNTOS BASE / COPA DE CONXUNTOS NIVEL ABSOLUTO

Intensa semana ximnástica en Allicante onde as pavillonistas acudiron con 21 ximnastas para participar en tres das catro citas nacionais que tiñan lugar en Alicante entre os días 22 e 26 de novembro.

Comezaba a competición o mércores 22 coa Copa da Reina Individual Base. As ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Marta Mangana e Lidia Babarro realizaron os seus exercicios con algún que outro desaxuste pero defendidos con moito acerto. Marta foi a que mellor clasificación obtivo colocándose no posto 39 das 66 participantes.

  

O xoves foi o turno dos conxuntos alevín e infantil que competían no Nacional de Conxuntos de Nivel Base. Foi o conxunto alevín do Club Ximnasia Pavillón o que estivo máis acertado na súa execución situándose  no posto 40 das 81 participantes. O infantil do Escola Pavillón, con algún que outro erro, ocupou o posto 72 das 107 participantes da categoría. Estes dous conxuntos deron por finalizada a súa tempada en Alicante.

O domingo día 26 foi o turno do conxunto junior do Club Ximnasia Pavillón que, tras ser clasificado no control autonómico como un dos dous mellores conxuntos galegos de súa categoría, defendia o seu exercicio na Copa de Conxuntos de nivel absoluto onde se daban cita os mellores conxuntos nacionais.

Non estiveron tan acertadas como no pasado Torneo Euskalgym e, con un 10,450, obtiveron o posto 17. A comunidade galega obtivo a quinta praza por autonomías despois das tres fases desta Copa, grazas ás puntuacións dos conxuntos galegos que conseguiron praza en cada unha das fases, entre eles, ós conxuntos junior e infantil do Ximnasia Pavillón.

En catro días daremos por finalizada a tempada de conxuntos de nivel absoluto coa participación dos conxuntos benxamin (Escola Pavillón) e infantil, junior e senior (Club Ximnasia Pavillón en Valladolid.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario