A RÍTMICA PAVILLONISTA SEGUE EN RACHA: UN OURO E DÚAS PRATAS NO GALEGO ABSOLUTO DE CONXUNTOS

O sábado día 1 de novembro, no Pavillón da Malata de Ferrol, tivo lugar a segunda fase do campionato galego absoluto de conxuntos. Os clubes pavillónistas participaron con catro conxuntos (dous alevíns, un infantil e un junior), logrando, no caso da categoría alevín e junior, darlle a volta e remontar as clasificacións da primeira fase.

Pavillón Alevín: Candela Díaz, Candela Pérez, Claudia, Uxía, Julia e Sara

Pavillón Alevín: Candela Díaz, Candela Pérez, Claudia, Uxía, Julia e Sara

Foi na categoría alevín na que os conxuntos ourensáns ofreceron as mellores actuacións, que colocaron ó conxunto do Club Ximnasia Escola Pavillón como subcampionas galegas, detrás do Club Escola Acordes, sendo terceiro o Club Esquío. As alevíns do Club Ximnasia Pavillón, todas elas de primeiro ano de alevín, foron quintas, logrando a clasificación para o nacional.

Na categoría infantil, o Club Ximnasia Escola Pavillón logrou tamén o subcampionato, sendo o Club Acordes A primeiras clasificadas e terceiras Club María Barbeito.

PODIUM JUNIOR: conxunto Club Ximnasia Pavillón 1o clasificadas (Nerea, María, Antía, Ana, Sara e Blanca)

PODIUM JUNIOR: conjunto Club Ximnasia Pavillón 1ª clasificadas (Nerea, María, Antía, Ana, Sara e Blanca)

Na categoría junior foi primeiro clasificado o Club Ximnasia Pavillón, sendo segundo o Club Esquío.

Esta xornada pecha os campionatos autonómicos de conxuntos de base e absolutos, logrando as ourensás un total de tres ouros e dúas pratas, sendo os mellores resutados da historia do pavillonismo.

A tempada de conxuntos terá a súa continuación en sendos nacionais (Base en Castellón nos días 20 a 23 de novembro, e absoluto en Zaragoza, nos días 11 a 14 de decembro), non sin antes participar con cinco conxuntos (os catro absolutos e o cadete de base) no Internacional Euskalgim o vindeiro día 9 de decembro en Vitoria. Neste torneo, as ximnastas ourensáns mediranse con moitos dos mellores conxuntos nacionais.

 

Relacionado con: :