A Copa Deputación ximnasia celebrou a Final en Xinzo de Limia
FASE FINAL COPA DEPUTACIÓN XIMNASIA – XINZO DE LIMIA
- Os clubs pavillonistas dominan a clasificación de Copa Deputación na modalidade de ximnasia rítmica con 15 medallas.
- Na modalidade de Trampolín o Club Burgas acadou 43 dos 60 podios en disputa
Actuacións do Club Ximnasia Pavillón e Escola Ximnasia Pavillón
Comezaba a competición na modalidade individual na que Club Ximnasia Pavillón Ourense presentaba cinco ximnastas, catro subiron a podio. En categoría prebenxamín Lara Barandela Vázquez foi segunda e Patrick Celis López foi terceiro. Na categoría Infantil Ainara Álvarez Nóvoa, proclamouse campiona e foi cuarta Daniela Rodríguez Losada. Paula Porto Urbano foi primeira na categoría senior. A única individual do Escola Ximnasia Pavillón Ribadavia, Brisa G. Cabrera Machado, foi sexta.
Na modalidade de conxuntos, o prato forte destes dous clubs, revalidaron os resultados de anteriores fases, incluso mellorando nalgunha categoría:
- Na categoría iniciación o conxunto do Club Ximnasia Pavillón Ourense obtivo o ouro.
- A categoría prebenxamín os dous primeiros postos foron para CXPOurense A e B, sendo así ambos conxuntos campión e subcampión respectivamente.
- Na categoría benxamín o conxunto do Escola Ximnasia Pavillón proclamouse campión.
- En categoría alevin o Club Ximnasia Pavillón Ourense A acadou a prata.
- Na categoría infantil o podio tivo color pavillonista, sendo campión o CXPOurense B, subcampión o conxunto do Escola Pavillón e o bronce foi para o conxunto CXPOurense A.
- Na categoría cadete de novo o Club Ximnasia Pavillón Ourense ocupou o 2º e 3º posto cos conxuntos B e A respectivamente.
- Na categoría senior o campión foi Club Ximnasia Pavillón.
Estes conxuntos e outro mais de categoría alevín repetirán mañán en Marín para disputar o campionato galego de nivel escolar.
Pola tarde, tras a competición de trampolín houbo exhibicions dos grupos de ximnasia xeral, estética de grupo, conxuntos de nivel nacional e promoción e individuais nacionais dos dous clubs, ademáis de outros da provincia.
Participación do Club Burgas
Gran éxito do Burgas en Cópa Deputación 2019, onde consegue na modalidade de Trampolin 43 medallas das 60 posibles. Nesta ocasión competían ademais do Burgas, C. Ximnasia Pavillón, Escola Pavillón, Escolas deportivas de Barbadás e Escolas Deportivas de Xinzo. Con mais de 200 ximnastas en Tumbling e case 150 en Minitramp.
Destacaba o Burgas de xeito especial en Tumblig, onde se facía con 26 medallas: 8 ouros, 9 pratas e 9 bronces, cosequindo nalgunha categoría podio completo en feminino e masculino.
En minitramp sumaba outras 17 medallas: 6 ouros, 7 pratas e 4 bronces.
Ademais da competición o club realizou coreografías en exhibición en Ximnasia Xeral, cos grupos mais numerosos da competición: 90 ximnastas á vez nunha delas e 31 na outra.
Salientar os primeiros postos de Olivia Pampín, nos 2 aparellos, Goya Fernández, Naia Ramos, Xela Cid, Candela Louzao, David Medeiros, Marta Z. Vázquez, Adrián Glez Rey, Inés Dacal, Sofía Filgueira, Clara Rodríguez, Xandre Formoso e Mara Formoso.