Zulema GonzálezCiclismo Destacado Es noticia Futbol 

Zulema González y Xulio Conde galardonados en los Premios Deporte Galego

A Secretaría Xeral para o deporte publica a lista dos galardoados cos premios Deporte Galego do ano 2018 que nesta edición recoñecen a 22 premiados en 18 categorías. Entre os galardoados destaca a presenza de dous ourensáns como son Zulema González (mellor árbitra/árbitro) e Xulio Conde (mellor adestrador/adestradora).

  • Ana Peleteiro foi elixida como a mellor deportista feminina e Tono Campos como o mellor deportista masculino

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2018 que se entregarán o vindeiro día 28 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2018, e distinguen nesta ocasión a 22 premiados nas 18 categorías. Cómpre destacar a inclusión como novidade do premio ao xogo limpo.

Lista de premiados:

  • Mellor deportista feminina: Ana Peleteiro Brión (atletismo)
  • Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (triatlón) e Desirée Vila Bargiela (atletismo)
  • Mellor deportista masculino: Manuel Antonio Campos García (piragüismo)
  • Mellor deportista masculino con discapacidade: Francisco Pérez Carrera (atletismo)
  • Mellor equipo feminino (ex aequo): Pescado Rubén FS Burela (fútbol sala) e Atlético Guardés (balonmán)
  • Mellor equipo masculino: Martin Wizner e Pedro Ameneiro (vela)
  • Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Fundación Celta Integra (fútbol)
  • Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Balonmán Lalín (balonmán)
  • Mellor adestrador ou adestradora: Xulio José Conde Blanco (ciclismo BTT)
  • Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Zulema González González (fútbol)
  • Mellor labor informativo: Convivir Deportivo (CRTVG)
  • Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo Cadete de Xadrez (Santiago de Compostela)
  • Mellor patrocinio deportivo: Estrella Galicia
  • Mellor deportista revelación (ex aequo): Malena Mieres García, Teresa Abelleira Dueñas e Nuria Rábano Blanco (fútbol)
  • Premio ao xogo limpo: Martín Liste Viaño (atletismo)
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: ‘100.000 motivos de peso’ (Narón)
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: JIM Sport
  • Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Plurilingüe Tirán

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.