Zulema González (Foto: Futgal.es)Destacado Es noticia Futbol 

Zulema González representará a España no programa do Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe

A colexiada ourensá foi seleccionada polo CTA Nacional como árbitra representante da Federación Española

Programa do Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe (Nyon)

O CTA Nacional seleccionou a Zulema González, colexiada ourensana da 1ª División feminina, para representar a España no próximo curso do CORE para árbitras nacionais.

Desde o seu lanzamento en setembro de 2010, o Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe (CORE) en Nyon demostrou o inmenso valor da formación e a preparación dos homes e mulleres árbitros para o futuro.

En cada ciclo de dous anos, as federacións membro están convidadas a enviar ao CORE un árbitro e dous asistentes con potencial para converterse en árbitros FIFA. Todos os cursos do CORE comprenden unha sesión introdutoria de dez días, seguido dun curso de consolidación de oito días uns meses despois. O Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe está a dotar aos novos árbitros da experiencia e adestramento necesarios para chegar á elite.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario