Zulema Gonzalez, Manuel Casanova y José Antonio FernándezDestacado Es noticia Futbol 

Zulema González, Manuel Casanova e José Antonio Fernández superan os controis do CTA Nacional en Madrid

O  sábado 11 de novembro tivo lugar a concentración de árbitros de 2ª B e árbitras de 1ª División feminina

Reunións físico-técnicas do Comité Técnico de Árbitros Nacional

Durante este mes de novembro teñen lugar en Madrid as habituais reunións físico-técnicas que organiza o Comité Técnico de Árbitros Nacional, ás que acuden todos os árbitros e árbitros asistentes de 1ª e 2ª División, así como a totalidade de árbitros pertencentes á 2ª B e as árbitras de 1ª División Feminina.

Nestas reunións todos os árbitros teñen que superar as probas físicas regulamentarias e analizan os aspectos técnicos mais destacados que se deron nos diferentes partidos celebrados ata este momento na competición nacional.

Árbitros de 2ª B e árbitras de 1ª División feminina

O  sábado 11 de novembro, tivo lugar a concentración de árbitros de 2ª B e árbitras de 1ª División feminina que non tiñan actuación este fin de semana, polo que asistiron a esta primeira quenda Zulema González González, Javier Iglesias Villanueva, Alejandro Muñiz Ruiz, José Antonio Fernández Rodríguez e Manuel Casanova Cudeiro. Todos eles superaron os controis físicos regulamentarios.

Resto do colectivo

O martes día 14 de novembro será a quenda para os árbitros e árbitros asistentes de 2ª División: David Pérez Pallas, Rubén Eiriz Mata, Adrián Díaz González, Roberto Vázquez Alvite e Diego Sánchez Rojo, e ao día seguinte quedarán concentrados os colexiados de 1ª División: Ignacio Iglesias Villanueva, Alfonso Costoya Rodríguez e Enrique José Ramos Ferreiros. Por último, o sábado día 18 será a quenda do segundo grupo de árbitros de 2ª B e árbitras de 1ª División feminina: Elena Casal Fernández, Pablo Brea Peon, Óscar Martínez Santos e Sergio Espasandín Cores.

Todas estas reunións estarán presididas polo Presidente do CTA Nacional, Victoriano Sánchez Arminio, e as charlas técnicas serán impartidas pola Dirección Técnica formada por Manuel Díaz Vega , Luís Medina Cantalejo e Pedro Medina Hernández.

Crónica: Futgal.es

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: