Zulema González (Foto: Futgal.es)Es noticia Futbol 

Zulema González debutará na máxima categoría este domingo

Zulema González e Elena Casal, as dúas árbitras galegas da Primeira División feminina, debutarán na Liga Iberdrola, a de máxima categoría, este domingo.

Liga Iberdrola de fútbol feminino

As 16:00 do domingo Zulema González debutará arbitrando o Atlético de Madrid-Real Sociedad. Auxiliarana nas bandas as asistentes galegas Tania Fente Pena e Lorena Novas Benavides.

Elena Casal dirixirá o partido que enfrontará a Athletic de Bilbao e Sporting Huelva ás 11:30. Entre as súas asistentes, a tamén galega Alicia Andrés Silva.

Estas son as designacións completas:

Club Atlético Madrid SAD – Real Sociedad de Futbol SAD
Domingo 10 de setembro – 16:00
Árbitro: GONZÁLEZ GONZÁLEZ, ZULEMA (Comité Territorial Galego)
Árbitro Asistente 1: FENTE PENA, TANIA (Comité Territorial Galego)
Árbitro Asistente 2: NOVAS BENAVIDES, LORENA (Comité Territorial Galego)
Informador: SÁNCHEZ-SECO OTERO, MIGUEL (Comité Territorial Madrileño)

Athletic Club Bilboko FKEB – Club Deportivo Sporting Club
Domingo 10 de setembro – 11:30
Árbitro: CASAL FERNÁNDEZ, ELENA (Comité Territorial Galego)
Árbitro Asistente 1: FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, ELIANA (Comité Territorial Asturiano)
Árbitro Asistente 2: ANDRÉS SILVA, ALICIA (Comité Territorial Galego)
Informador: LEJARAZU PRIETO, LUIS MIGUEL (Comité Territorial Vasco)

 

Noticias relacionadas