Zulema González UEFADestacado Es noticia Futbol 

Zulema González asiste en Nyon ao curso do Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe

A ourensá representa ao colectivo arbitral español xunto a dúas asistentes de Valencia e Cataluña

Zulema González participa en Nyon no curso do CORE

A árbitra ourensá Zulema González González e as árbitras asistentes valenciana Rita Cabañero e catalana Matilde Estévez atópanse en Nyon, en representación da arbitraxe española desde o 19 ao 29 de marzo.

Zulema González UEFA
Zulema González no centro da imaxe (Foto: futgal.es)

Zulema está no Centro da UEFA para a Excelencia na Arbitraxe (CORE), xunto a un total de 6 mulleres e 18 homes de 8 países, atendendo o ‘Curso Introductorio’ que finaliza o vindeiro xoves, día 29 de marzo, e que é dirixido por Kyros Vassaras, membro do comité de arbitraxe da UEFA. Posteriormente asistirán á segunda fase, o curso de consolidación que terá lugar en setembro de este mesmo ano.

A colexiada ourensá arbitrou esta fin de semana o partido da Liga Nacional A feminina suiza entre o Grasshopper Club Zúrich e o BSC Young Boys, dentro do programa de traballo no CORE.

Noticia: futgal.es

Noticias relacionadas